luns, 10 de novembro de 2008

GÜIXAR, UN CONVENIO PRIVADO NON RATIFICADO

UN ESTUDO ECONÓMICO CON INVESTIMENTOS NON GARANTIDOS.
.
UNHA MOSTRA DO NULO RESPECTO QUE SE TEN A LEI DESDE O PODER.
.
RECORDEMOS A ALEGACIÓN DO COLEXIO DE ARQUITECTOS AO PROXECTO CONTIDO NO DOCUMENTO DE APROBACIÓN INICIAL (2005)
.
Na zona de Guixar-Corbal, observanse falta do viario paralelo a Sanjurjo Badía, excesiva afectación de tecidos moi consolidados, zonas verdes residuais, certa desorde na definición de tipoloxías edificatorias e que ou edificio ponte é de dubidosa implantación.
.
AQUÍ, A NOTICIA
.
O Concello propón que a Xunta e o Estado acheguen 23 millóns para a Cidade do Mar.
Os edificios para investigación valóranse en 15 millóns, e Política Territorial pagaría 8,5 do túnel de Guixar...
Para completar os 23 millóns sería precisa a participación da Consellería de Política Territorial. Neste caso o financiamento pasaría,segundo a formulación, por que o departamento de María José Caride achegase 8,5 millóns na construción do túnel de Guixar. A infraestrutura, que suprimiría as conxestións en Teis polo masivo tráfico en Sanjurjo Badía-, está vinculada ao plan de Zona Franca no barrio.
O Consorcio e o Concello asinaron un acordo urbanístico, ligado ao PXOM, polo que o ente estatal construiría nos seus terreos de Guixar torres sobre un centro comercial que integraría ao mercado do barrio, e varios bloques de vivendas, un 40% delas protexidas. Entre as cargas figura custear unha parte do túnel, que no entanto está recollido no Plan Vigo Íntegra, o proxecto de mellora de comunicacións viarias abanderado por Política Territorial...
.

Ningún comentario: