xoves, 6 de novembro de 2008

A VÍTIMA CONDENADA

No caso de actos ilícitos, para que os autores gocen de todas as garantías legais, as vítimas deben sufrir os prexuízos correspondentes.
A presunción de inocencia levada ao límite impediría aplicar, por exemplo, o encarceramento preventivo, pero tamén a suspensión cautelar, que, en base aos indicios, antecedentes, probas ou evidencias, impediría construír edificios ilegais e evitaría presenciar o espectáculo dunha xustiza inútil. Porque se presume a inocencia, tamén se presume que non hai vítimas; e, se non hai vítimas, a denuncia é falsa.
Non hai xustiza mentres o dereito a un xuízo xusto para o acusado, non ten a súa correspondencia nun dereito análogo para a vítima. Pensemos que, fronte a un acto ilícito, a victima sempre comeza o xuízo perdendo e se a acción consúmase totalmente e é irreversible, quen gaña?

Ningún comentario: