venres, 7 de novembro de 2008

VERTEDOIRO ILEGAL NO PARQUE ALOIA

A Xunta tolera un vertedoiro ilegal xunto ao parque natural de Aloia.
.
As tres administracións coñecen a ilegalidade desde fai meses.
.
Ao parque natural do monte Aloia, en Tui, estalle saíndo un gran. É o primeiro parque de Galicia, agora cumpre 30 anos e a Consellería de Medio Ambiente comprometeu a súa próxima ampliación ata 2.000 hectáreas, que englobarían dous inmensos vertedoiros de lodos de granito, unhas 150.000 toneladas, que están crecendo contra toda norma, á brava en pleno monte, cerca do actual perímetro do parque.
As tres administracións coñecen a situación desde fai tempo. Os informes oficiais sobre o asunto comezaron a circular fai polo menos oito meses. Os dous puntos de vertedura, a uns 50 metros de distancia entre si, no lugar de Moutentán, parroquia de Ribadelouro, aproveitan os ocos dunha vella explotación mineira de granito, que desbordan con impresionantes noiros de 15 a 20 metros polos que afloran copas de árbores e troncos xa talados como evidencia de que o chan non recibiu o menor tratamento para o uso que se lle están dando.
O groso da vertedura compono lodos de granito procedentes de serrerías próximas de Porriño, pero tamén engorda con outros residuos metálicos e plásticos. Escavacións Tuy, SL figura como responsable da faena, aínda que tamén baleiran camións doutras empresas, probablemente subcontratadas en negocios entre particulares.
Escavacións Tuy tramitou os permisos entre 2002 e 2004 e a partir desta data comezou as verteduras nun punto autorizado pola Consellería de Medio Ambiente para o depósito de lodos prensados de acordo a un proxecto que incluía a regulamentaria construción de canles de garda e de drenaxe a pé do noiro e dunha balsa de decantación para minimizar o impacto na zona. Estas medidas veñen requiridas á súa vez para protexer a masa de verteduras do arrastre por escorrentía de augas de choiva, fenómeno frecuente se se ten en conta que os vertedoiros atópanse a media ladeira do monte. Agora o primeiro deles parece abandonado, semicuberto de terra na parte superior.
Ningún dos requisitos esixidos para a actividade desenvolvida e que figuraban no proxecto foi cumprido. O vertedoiro tampouco conta con licenza municipal de apertura. Nin dispón de licenza urbanística, como correspondería á importante transformación do chan que se está executando, nin de autorización específica da Consellería de Política Territorial polo uso que se dá a chan rústico. Todas estas esixencias de control son tamén incumpridas no segundo punto de vertedura, para o que non hai ningunha licenza e que, xa que logo, pode considerarse absolutamente clandestino, ademais de non dispor das medidas de prevención e protección que poderían autorizar os depósitos, que aumentan día a día.
A uns 20 0 30 metros do segundo vertedoiro existen varias captacións de auga, o que induce a considerar nas denuncias presentadas un "inminente risco de contaminación dos efluentes subterráneos por filtración de compoñentes dos residuos ao subsolo". O que non se filtre, as choivas acabarán arrastrándoo ata o río Louro. Tamén se temen posibles deslizamentos da vertedura por efecto das explosións nas canteiras de en fronte, en Porriño, ou das choivas.
Na Xunta hai denuncias presentadas ante as consellerías de Medio Ambiente e de Política Territorial pedindo a "inmediata suspensión da actividade" e a incoación de expedientes de restitución da legalidade urbanística e sancionadores. A Policía Autonómica elevou informes aos seus superiores fai polo menos dous meses. Antes coñeceu o asunto a Administración central. Tamén foi denunciado no concello de Tui, ao que pertence o parque natural do Aloia, que Medio Ambiente promete estender á Serra do Galiñeiro co grando dos vertedoiros dentro.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

EL FUNICULAR DEL “OTRO ALCALDE” NO CASCO VELLO

Pepino cariño, que inocente eres… (Por no decirte algo más gordo y ofensivo)
Así que gastándose semejante porrada de millones de los dineros públicos se estimula la inversión privada? ¿En donde? En una zona totalmente destrozada, degradada y abandonada por toda la tropa de políticos que desde que nací en el barrio, nunca se preocuparon de resolver ni arreglar… ¿Y sabes porque Pepino? Porque el Casco Vello, no se puede privatizar o entregarlo en concesión por 50 años para cobrar la comisión para el partido y el politiquillo-corrupto de turno.

Por eso en vez de una escalera mecánica con poco mantenimiento y la peatonalización del Paseo de Alfonso, (Una vez adecentado el barrio, primero pan y luego circo) no interesa, porque no se pueden privatizar y claro si no se privatiza como el BRODIO-FUNICULAR del “otro” alcalde, no se hace caja y si no se “hace caja” no se pueden pagar las campañas electorales…

A ver si te enteras Pepino y por cierto cuando hablas de “Que pandilla” seguramente te refieres a la que perteneces tu con el resto de los contratados por ABEL-FAROLERO en el puerto de barrenderos con los contratitos trimestrales para que le sigáis votando…

No te preocupes hombre, que seguro que no te van quitar la escoba, al menos hasta después de las autonómicas…

Un biquiño e durme tranquilo.

Anónimo dixo...

VIGOBLOG 10/11)08 (RESPUESTAS A VIGOBLOG)

Mi estimado Pablo tu comentario de cabecera es muy sabio, ya basta de codazos para salir en la foto, ya basta de gastos de pancarta de lona-bonita de la empresa amiga, ya basta de dirigentillos sindicalistas del 3 al 4 queriendo controlar las masas y pactando con los empresarios a espaldas de los trabajadores…

Tienes razón, en la cabecera no hay LIBERADOS. Esta encabezada por los ENCABRONADOS al margen de los sindicatos “oficiales” que viven de los cursos de “PAPA-ESTADO” que es la otra forma de venderse al gobernante de turno, QUIEN PAGA MANDA…

Muy buena la pancarta de tela y SPRAI como antes…
O malo amigo Pablo e que a teu “amigo” o TENENTE-TALIBAN, seica non lle gostan moito ese tipo de “ferramentas” de color negro nas ruas…

Seica e un falso, porque din que ata ten un “equipo” pagado por non se sabe quen, (Soio faltaría que fose pagado por todos nos) Que se dedica po-las noites a EMPORCALLAR a cidade… Ata din por ahí que están filmados e todo…

Mira mi querido ANÓNIMO, para empezar, no voy a quemar el contenedor que esta al lado de mi casa, porque entre otras cosas, el más cerca lo tengo a unos 200 metros de distancia y lo que más me jode es que tengo que pagar igual que tu que “ALOMOJO” lo tienes pegadito al portal… Y todo eso a una anciana de mi edad. No esta nada bien.

Si tiras un poco más abajo, donde Marco Andión habla de MOAÑA, ya digo y dejo muy claro que defiendo como principio la concienciación como el PUEBLO VASCO, pero aquí, siguen MEXANDO POR NOS e salen os que coma ti DIN QUE CHOVE, a otros, por desgracia la minoría, no les quedan más cojones que hacer doble tarea, la de ellos y la de los que como tu, van de moderados para no mojarse el “pito” pero si para recoger los frutos del sufrimiento de los demás.

Por ultimo querido PABLO IDELFONSO, si mo permites, quixera deixar eiqui a miña mais enerxica protesta po-la escena que vin esta noitiña cando sacei o “CAN” a pasear po-los soportales do BERBES, me caiu o mundo encima, no interior de caixeiro de banco Santander, DURMINDO CINCO SIN TECHO cos seus cartons, no do banco de Bilbao soio collian tres, e na parede contigua o Turista, habia al menos unha ducia cos colchons cheos de merda, fedorentos e mortos de frío.
No mismísimo lugar onde hai tan soio catro días, o TENIENTE DE ALCALDE mais coñocido por SANTI, do BNG falaba de gastar MIL MILLONS de pesetas NUN XUGUETE PRA OS TURISTAS….
E pagandolles DEZ MILLON a cada un dos seus ASESORES. E Touriño gastando 80 millons nun coche e 400 no seu despachito…

Como non vou estar de mala ostia querido anónimo, alomellor e que sigo sendo unha sintemental de merda, non cama ti…

De verdade e que ¡¡SODES A OSTIAAAA!! (Como berraría o tenente os seus esbirros)

Faguedeme o favor e VOTADE EN BLANCO

Voltaire-Vigo