luns, 15 de decembro de 2008

NEGOCIAR CA POBREZA, ABEL CABALLERO

Colectivos de Vigo critican ao alcalde por "negociar coa pobreza" ao reclamar o edificio de 'A pinga de Leite'
.
Varios colectivos de Vigo dirixiron unha carta ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, na que lle acusan de "negociar coa pobreza" ao reclamar á Vicepresidencia da Xunta que ceda o edificio de 'A pinga de Leite' para usos municipais, cando xa se anunciou a súa apertura en 2009 como Centro de Urxencia Social e albergue.
Segundo estes colectivos, entre os que se atopa Médicos do Mundo, asociacións de apoio a inmigrantes, Fundación Secretariado Xitano, Intermon Oxfam e outras ONGs, a petición de Caballero supón unha "cambadela"(zancadilla). Nese sentido, lamentan que o rexedor utilice as ofertas de investimentos doutras Administracións para "dinamitar ou deixar en ridículo ao adversario político".
Así, denuncian que o proxecto de Vicepresidencia ten as obras de reforma xa adxudicadas e que a petición do alcalde "pretende que novamente se dilate no tempo a apertura dun albergue que atenda ás persoas sen teito".
Ademais, cren que non tivo en conta nin o atraso da apertura nin as súas consecuencias, ao propor un "intercambio de propiedades" --o rexedor ofreceu como alternativa para o Centro de Urxencia Social o edificio da Escola de Hostalería--.
Estas asociacións recordan que a Administración non fixo nada ata agora para pór en marcha este servizo e que, por iso, moitos dos seus posibles beneficiarios "enfermaron ou falecido". Por iso, critican que, unha vez salvados os escollos administrativos, normativos e operativos, apareza unha "cambadela" por parte de Caballero.
Nese sentido, apuntan que o Centro está "só pendente de licenza municipal de obras", á vez que tamén se dirixen ao vicepresidente da Xunta para pedirlle que non se negocie coa pobreza e manteña a súa postura" de non entregar o edificio ao Concello.
.
Noticias Galicia
.

Ningún comentario: