martes, 16 de decembro de 2008

O DESPILFARRO DE ABEL CABALLERO

O PP denuncia que Caballero gastou 15.600 euros do Porto para facerse unha foto con Fernández de la Vega.
.
Os populares denuncian que os case tres millóns de pesetas se inviertieron nunha visita de apenas unha hora para promocionar a súa candidatura a alcalde.
.
O Partido Popular denunciou esta mañá un novo exemplo do que consideran a «xestión anómala» de Abel Caballero á fronte do Porto de Vigo tras recoñecer o Goberno nunha resposta a unha pregunta presentada no Congreso dos Deputados que o agora alcalde de Vigo gastou 15.630, 22 euros da Autoridade Portuaria de Vigo nunha visita da vicepresidenta, Teresa Fernández de la Vega.
Na resposta no Congreso achegáronse datos como que o Ministerio da Presidencia recoñece que a visita que realizou o 4 de decembro do 2006 a vicepresidenta ao porto de Vigo durou unha hora, entre as 13.30 e as 14.30 horas.
O PP denuncia que esta visita realizouse dentro da campaña de promoción da candidatura de Abel Caballero á alcaldía de Vigo polo PSOE e que non tivo outro obxectivo que conseguir que se publicase nos medios unha foto coa vicepresidenta do Goberno. O deputado popular recalca que eses «case tres millóns de pesetas» dos fondos públicos no canto de ser utilizados para melloras foron adicados a unha visita da vicepresidenta do Goberno para promocionar a súa candidatura.
.
LA VOZ DE GALICIA ...........máis información, aquí...

Ningún comentario: