venres, 30 de xaneiro de 2009

DESFACHATEZ EÓLICA NO COUREL

Desfachatez eólica monumental Tripartita no Courel, no Territorio Histórico do Camiño de Santiago.
.
PP, PSOE e BNG, en consenso e harmonía, en sucesivos gobernos, tramitaron e aprobaron a instalación do parque Eólico do Oribio, no espazo natural do Courel, en plena Rede Natura 2000, e dentro do Territorio Histórico do Camiño de Santiago. máis información, aquí...máis información, aquí...
.
Os viraventos xirarán a 1600 metros de altitude, aproximadamente a mesma altura que o Piapaxaro, e serán visibles dende Astorga ata o Pico Sacro. Os muíños coroaran a Devesa do Iribio (Oribio en castelán) o mellor bosque do o Camiño de Santiago.
As imaxes Serra do Iribio, a gran barreira do occidente Courelá, son as protagonistas visuais do seguinte vídeo, aparece no minuto 0:45 ata o 2:12, logo reaparece catro veces (2:39-2:45>> 3:02-3:10>>3:57-4:01>>e do 4:06 ata o final).
Música: Cantar de Cego (Letra: Florencio Da Fontaneira e Maria Pilar)
.
Para disimular tal escándalo a Declaración de Impacto Ambiental propón unha solución simpática, didáctica e enxeñosa: medio ambiente xunta.es, ver...
. .
“Co fin de compensar a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse as medidas compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección Xeral de Turismo, destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con motivos do Camiño de Santiago, implantación de pantallas vexetais naqueles puntos onde teña lugar o impacto visual da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica da enerxía eólica, entre outras.”
..
Como os muíños de máis de 100 metros de altura, son imposibles de tapar, supoñemos que coa pantalla vexetal, taparán entón todo o Camiño de Santiago, como mínimo dende o Cebreiro ata Sarria.
Non estaría mal que a Xunta ou a oposición publicara os datos das toneladas de gas e carbón que estamos aforrando, porque andan dicindo por aí, que a maraña eólica non é máis que unha escusa para “queimar máis”

Ningún comentario: