martes, 27 de xaneiro de 2009

ESCANDALO SEN PRECEDENTES NO BNG

O temor do "BNG" a perder as eleccións leva a Quintana a amañar as probas para facer fixos a preto de 300 traballadores contratados a dedo.
..
“Escándalo sen precedentes” a convocatoria a medida deseñada pola Xunta de Galicia para facer fixos a 271 traballadores de galescolas e centros de maiores.
Quintana dedícase a pasear por Galicia mentres se amañan procesos de selección e se suceden graves neglixencias, como na residencia de Volta do Castro en Santiago.
A recente convocatoria da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para facer fixos a 271 traballadores das galescolas, centros de maiores e Consorcio Galego do Benestar, que previamente foran contratados a dedo sen garantía algunha de obxectividade, revela o forte temor do BNG a perder as vindeiras Eleccions autonómicas.
Os traballadores que a área nacionalista da Xunta pretende facer fixos a escasas semanas das Eleccións foron seleccionados por tribunais políticos, como teñen denunciado diferentes organizaciós sindicais, nunha estratexia encamiñada a utilizar os diferentes servizos dependentes da Vicepresidencia como focos de aleccionamento de nenos e maiores no ideario do BNG.É o caso de Vigo, por nombrar algún, o que foi Presidente da Asociación de Veciños de San Paio de Navia, o Sr. Sánchez, entre outros, nombrados a dedo. Trátase, dun “escándalo sen precedentes” que atropela directamente os principios básicos do dereito.
Con todo, a de Vicepresidencia non foi a única rede clientelar organizada polo bipartito na actual lexislatura, xa que as contratacións efectuadas noutros chiringuitos públicos, como Seaga, seguiron un patrón similar: primou a militancia política sobre os principios que deberían guiar o acceso á función pública, é dicir, igualdade, mérito e capacidade.
Quintana que se dedique a pasear por Galicia facendo campaña mentres se suceden as denuncias sobre as anomalías nos departamentos que xestiona.
Á convocatoria dun proceso amañado para dotar de praza fixa a persoas contratadas a dedo, súmase unha nova denuncia por unha presunta neglixencia rexistrada na residencia de maiores de Volta do Castro, en Santiago. A sucesión de anomalías rexistradas nesa residencia leva ao PPdeG a reclamar a apertura dunha investigación independente de xeito inmediato e a que se depuren as responsabilidades oportunas.

Ningún comentario: