mércores, 28 de xaneiro de 2009

VERDUGOS CONTRA A PENA DE MORTE

Estes días os medios de comunicación infórmannos de que National Geographic alerta das gravísimas consecuencias do cambio climático para España e a Ría de Vigo:
“O cambio climático ameaza máis de 180 especies das Illas Atlánticas”
“O sector pesqueiro pode ver desaparecer centolas, percebes e sargos, e toparse con focas e peixes tropicais”
“National Geographic advirte de que o nivel do mar pode subir un metro e provocar graves desaxustes” .
.
La Voz de galicia...
.
E tamén nos dán a coñecer un avance do libro "A Ría de Vigo: Unha aproximación integral ao seu ecosistema mariño". que recolle os resultados de 49 estudos científicos que dan as “Claves do ecosistema da Ria”. No libro afírmase que: Nos últimos vinte anos a Ría deVigo viu desaparecer as súas dous principais bancos marisqueiros e extinguirse ou descender gravemente polo menos seis especies, concluíndo que "A súa perda de biodiversidade é elevada”. Os autores/editores reclaman un cambio nas políticas portuarias e económicas: evitar novos recheos, acabar coa sobreexplotación dos recursos e mellorar os sistemas de depuración.
...
.
A primeira noticia é unha nova advertencia para que tomemos medidas directas fronte ao cambio climático pero tamén para que evitemos levar adiante plans cuxas consecuencias veranse potenciadas e agravadas polo cambio; por exemplo: o PXOM de Vigo. A segunda noticia ensínanos as consecuencias do desenvolvemento insustentable: Pérda de calidade, cantidade e biodiversidade. Consecuencias que son provocadas por accións, e éstas, á súa vez, son produto de decisións.
...
Así, nunca pasa nada ata cando pasa. E os seus autores, ben sea planeando, autorizando, financiando ou executando, non pagan polas súas decisións nin as súas accións. Malia a sua responsabilidade nos feitos, é máis difícil que un político entre no cárcere, que un camelo pase polo ollo dunha agulla.
...
En novembro de 2004 fixéronse públicas as conclusións dun ditame encargado pola Coordinadora pola supresión dá Rolda de Vigo:
....
O PXOM de Vigo promove unha expansión urbana brutal. Ignora os criterios ecolóxicos máis elementais. Planea substituír gran parte da superficie verde periférica, formada por unha valiosa paisaxe agrícola e forestal, por un ambiente gris, artificial e vulgar. Desaparecerá así ao redor do 20% da superficie arbolada (uns dous millóns de árbores), o 60% dos solos produtivos e de uso agrícola tradicional, e o 15% da biodiversidade municipal.
.-.
.
Con todo, BNG, PP e PSOE aprobaron o Plan Xeral de Vigo.
..
O día 29 de xaneiro o alcalde de Vigo, Sr. Caballero, presentará o libro citado ao principio deste artígo, seguramente falará da sustentabilidade. Él, a quén lle debemos no último extremo o insustentable PXOM de Vigo coa súa engadida contribución ao quecemento global e ao cambio climático.
...
Vigo, 28 xaneiro 2009

Ningún comentario: