xoves, 26 de febreiro de 2009

CO TEU VOTO

A foto de "Anxo Quintana" e "Jacinto Rei" revela a connivencia do líder do BNG e o receptor de parte do millonario negocio eólico. O que era un segredo a berro en Galicia queda agora en evidencia, a bordo dun luxoso iate

De novo, unha foto para a polémica. Sabíase que se profesaban certa simpatía e que trala man de Jacinto Rei no mercado da comunicación estaba o BNG, pero non ata o punto de compartir mesa e mantel a bordo do iate que o constructor ten amarrado en Sanxenxo. O ladrillo xa presentaba síntomas de agonía, por máis que a súa empresa, a galega Constructora San José, estivese máis decantada cara ao negocio das obras públicas.
O seu dono, Jacinto Rei, nunca ocultara o seu afinidad cara aos nacionalistas galegos. Entre ambos suscitaron favores recíprocos. Rei montaría para favorecer e amplificar a xestión do BNG na Xunta un grupo mediático afín, e a cambio, recibiría unha parte do millonario concurso eólico, distribuído pola consellería nacionalista de Industria.
Previamente, Rei sufrira no seu negocio de obras públicas ao PSOE, despois de que se lle retirase a adjudicación dunha autovía en beneficio de Sacyr, cunha oferta 30 millóns de euros máis cara. A cambio, comprouse o seu silencio outorgándolle varios tramos da Santiago-Ourense, segundo denunciou o PP no seu día. A Xustiza investiga a día de hoxe esta adjudicación e imputou polo momento a catro altos cargos da Consellería de Política Territorial da Xunta, cuxa titular -María José Caride- é unha íntima colaboradora de Emilio Pérez Touriño e número dous do PSOE pola provincia de Pontevedra.
Impulsar un coro mediático: Esta aposta fracasou aos poucos meses, aínda que o empresario non desistiu no seu empeño de posuír un xornal a nivel rexional. Así, asociouse co diario web «Xornal.com» para crear «Xornal de Galicia», rotativo que vía a luz o pasado mes de decembro. A súa liña é, principalmente, crítica co PSOE e favorable aos intereses nacionalistas, cuxa publicidade engorda parte da facturación. A contraprestación produciuse en decembro. A consellería de Industria adxudicaba a este empresario un total de 142 megavatios, que lle reportarán uns beneficios de 14 millóns de euros anuais, e nun momento no que San José negociaba cos bancos a refinanciación da súa débeda.
Deste reparto mantívose completamente alleo o PSOE, cuxos representantes na mesa encargada de conceder os cupos eólicos abandonárona criticando a falta de transparencia da mesma e a vulneración dos solos protexidos pola Rede Natura.
O primeiro paso de Rei foi intentar financiar o salto do semanario nacionalista «A Nosa Terra» para convertelo nun diario en Internet.O concurso eólico deixou cos fuciños dunha cuarta a xigantes do sector como Iberdrola, ou a outros empresarios galegos como Manuel Jove -fundador de Fadesa- ou Amancio Ortega, propietario do imperio Inditex, e beneficiou ás caixas galegas e a outro grupo de sociedades con nula experiencia previa no negocio da enerxía. Curiosamente, a opción conxunta de Rei, Jove e Epifanio Campo -que aspiraba a 638 megavatios a través de Inverabán- non obtivo nin unha soa licenza.
A fotografía que publica ABC -cedida por lanacion.é-, na que se ve a Anxo Quintana xunto a Rei na cuberta do yate deste, data do pasado verán, apenas uns meses antes de que o departamento nacionalista abordase o multimillonario reparto eólico, que distribuíu 2.325 megavatios, o concurso máis importante xamais realizado no noso país.
ABC

2 comentarios:

Anónimo dixo...

CHIRINGUITOS

Quintana e Touriño xa saben dabondo que non estamos encantados. Nin con eles nin cos seus galescolas.


A maioría delas nin sequera son "creacións" do bipartito senón que se aproveitaron das infraestruturas existentes e compraron a vontade de alcaldes e traballadores dos centros.
Respecto destes, non me estraña nada a súa felicidade. Non todos os días convócanlle a un unha oposición a medida, con temario reducido e puntos de agasallo. Se para iso hai que falar galego, vestirse ese uniforme charramangueiro que lles puxeron e facer o piñeiro cando veñen os inspectores do consorcio, que todo sexa por un posto de traballo vitalicio. Compréndoos. Son humanos e nestes tempos de crises calquera buraco é trincheira.


Quérennos vender tamén que os alcaldes do PP forman parte do Consorcio ¡como non! Se queren a pasta da Xunta teñen que pedila en galego e pasando polo aro...van todos como corderitos seguindo a senda que lles marcou o presidente Touriño. Ou pasan polo aro ou seguen pagando o servizo con fondos municipais. E se isto non é chantaxe e imposición, que baixe Divos e véxao.


O devandito, nin os pais estamos contentos nin boa parte da sociedade entende que a estas alturas da película, e vivindo nunha presunta progresía, teñamos que soportar cos nosos impostos o capricho de Quintana e os seus chiringuitos ao máis puro estilo cubano.

Anónimo dixo...

Quintana y Santi S.A. Representantes na galiza do NOVO CACIQUISMO con denominación de orixe "CHOURIZO GALEGO"