luns, 23 de febreiro de 2009

MARCHA CONTRA "VILA PSOE"

"Aquí, se es socialista, a vara de medir é diferente"
.
Os cidadáns non se amedrentan fácilmente. Ao redor de 500 persoas de diversos colectivos encabezados pola Confederación de Afectados por Estafas Inmobiliarias (Cafines) manifestáronse o pasado sábado día 21 na Illa de Arousa contra a construción de Vila PSOE, un bloque de apartamentos de luxo entre cuxos futuros inquilinos figura José Blanco e outros destacados dirixentes socialistas. Iso malia as "intensas" presións recibidas por parte do alcalde da localidade, José Manuel Vázquez (PSdeG), quen o pasado mércores demandóu a esta asociación por un delito contra o honor.
Tal e como se informou, o ático do secretario de Organización do PSOE é un dos mellores inmuebles da polémica promoción Residencial Illa de Arousa, un bloque de apartamentos erigido a escasos 20 metros do mar, o que, segundo Cafines, vulnera tanto a Lei de Costas como a Lei Galega do Litoral. Resulta paradoxal que as casas contiguas, con décadas de antigüidade, estean ameazadas pola mesma Lei que parece non afectar a Vila PSOE.
"A demanda non nos preocupa para nada. É máis, dános pé para empezar a pedir probas". Non esquezamos que Feijóo -candidato popular á Xunta de Galicia- declarou que o Fiscal Xeral de Estado (Cándido Conde-Pumpido) ten aquí un apartamento", afirma José Carlos Piñeiro, un avogado que representa a Cafines.
O escándalo de Vila PSOE, "un inmueble totalmente legal", segundo declarou a este diario un portavoz de Blanco, irrompeu de cheo na campaña electoral galega para os comicios autonómicos do próximo 1 de marzo. Non é para menos. Cafines denunciou a redacción ad hoc dun novo Plan Urbanístico para reconvertir o solo rústico en urbano, o que permite construír sen gardar a obrigada distancia coa costa (100 metros). A asociación afirma que os terreos baixo o bloque de apartamentos non eran urbans antes de 1988, nin tampouco cando se aprobou o Plan Xeral definitvo da Illa de Arosa en 2002.
"Hai xente que leva vivindo séculos na costa e as súas vivendas víronse afectadas pola Lei. Aquí, se es socialista e do Goberno, a vara de medir é diferente. Toda esta xente vai presentar unha demanda contra Blanco, probablemente a semana que vén", engade Piñeiro.
Cafines, que desde setembro de 2007 solicitou de forma reiterada ao Concello da Illa de Arosa documentación das obras, asegura que a Xunta e o departamento de Costas abriron expediente no seu día e, ata, obrigaron a pagar multas ás vivendas que están detrás do edificio. A asociación promete que continuará a súa loita. Mentres, aqueles que coñecen ben a illa definen o bloque de apartamentos como "un atentado urbanístico que repugna, comparable co Algarrobico".

1 comentario:

Anónimo dixo...

¡¡AVISO DE EMERGENCIA!!

Se solicita ayuda urgente para la contratación de un nuevo detective del PEQUEÑO-TALIBAN ya que el que tiene, es tan torpe y atolondrado que cada tres por cuatro es descubierto y detectado por el contraespionaje, edemas el tipo es tan grande como cortito y en los momentos de apuro, no sabe resolver y se vuelve loco (Dicen que llevo un par de golpes en la cabeza y en los cambios de tiempo se descontrola) Dejando en evidencia a su amo que le paga con dinero de todos nosotros. Hoy a las 17,00 horas casi arma una desfeita de tráfico frente al Alcampo de Coia, al verse descubierto y pensar que su amo le gritara
¡¡ERES A OSTIAAAAAAAAA!! Imos palmar o domingo que ven po-la tua culpa buuurro.

NOTA: Os cartos que señan en moeda da galiza, non queromos nada dos españoes.