venres, 27 de febreiro de 2009

O CACIQUE E OS CALLOS GRATIS

Baltar chama "maricón" a Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente nun acto co alcalde de Madrid
.
No eco do pavillón de deportes da aldeíña de Melón (Ourense) aínda retumbaban as palabras de Alberto Ruiz-Gallardón: "Imos gañar argumentando, deixando os insultos e as descualificacións para outros". Pero José Luís Baltar, o cacique -segundo a súa propia definición- de Ourense, presidente da deputación durante 19 anos, non ten xefes. E menos agora que todos os grandes do PP, desde Mariano Rajoy ata Gallardón, réndenlle pleitesía, abrázanlle, encómianlle e van aos pobos que el di con tal de que, a cambio, mova a súa maquinaria electoral e o seu famoso carrexo de votos para gañar en Galicia.
Así que Baltar, moi baixiño, subiuse ao seu caixón-pedestal en canto acabou de falar o alcalde e díxolles a uns 200 paisanos: "Gallardón non quere facer dano, fai o discurso amable. Pero alguén ten que dar un pouco de cana". E deuna. Falou do conselleiro de Medio Ambiente da Xunta, o socialista Manuel Vázquez, alias Pachi, o seu gran rival ourensán, e esqueceuse diso que dixera Gallardón dos insultos. "Pachi ten medo e empezou a insultarme. Por que ten esa obsesión comigo? Non son candidato. Ademais, non son muller. Se o fose, entendería que me tivese gañas, pero como son home, teño que entender que é maricón". Logo chamoulle "lercho" e dixo que se levantou a veda; é tempo de caza" contra os socialistas.
No seu afán por contentar a Baltar e buscar votos en Ourense, a provincia máis perigosa para o PP, porque pode perder un escano, Gallardón participou nun acto típico dun personaxe que adoita percorrer as rúas do seu pobo cun tambor cantando "e se non es do PP, fódete". Cada vez que entra a un bar, Baltar invita a todos. Onte tamén había invitación. Antes do acto, apareceu un camión con 100 quilos de callos galegos e moito viño, 200 botellas.
O condutor dixo: "Tráioo de parte do alcalde". Isto é, callos gratis a costa do Concello para os que se achegasen a escoitar a Gallardón e Baltar. E así o explicaron ao final: "Hai callos, pasádeo ben". Claro que Gallardón xa se foi, a Vigo, onde triunfou nun multitudinario acto con Alberto Núñez Feijóo. E Rajoy? Nun pobo de Lugo.
El Pais

Ningún comentario: