sábado, 28 de marzo de 2009

CHEGOU A HORA DO PLANETA, APAGA A LUZ

Hoxe 28 de marzo, ás 20:30, tes unha cita co Planeta para demostrar que a loita contra o Cambio Climático é posible.
.
Esta iniciativa de WWF é a maior campaña en defensa do medio ambiente da historia, na que participarán 1.000 millóns de persoas. A Hora do Planeta 2009 involucrará aos gobernos, cidadáns e empresas nunha acción conxunta para chamar a atención sobre os efectos do quentamento global e esixir aos líderes políticos que actúen para controlar as emisións de CO2 antes de que sexa demasiado tarde. Ata agora, máis de 1.700 cidades de 80 países comprometéronse a apagar as luces dos seus edificios máis emblemáticos, como xesto simbólico de apoio á hora do Planeta. .

Que podes facer?

APÚNTATE. Cantos máis sexamos, máis forza terá a nosa mensaxe. .

ENVÍA UNHA CARTA AO PRESIDENTE. Faille saber ao Goberno a túa preocupación polo futuro do planeta. .

APAGA A LUZ E ACTÚA DURANTE A HORA DO PLANETA.
.
Cal é o obxectivo da Hora do Planeta?

En decembro deste ano, os líderes de 192 países reuniranse na Conferencia das Nacións Unidas sobre Cambio Climático que terá lugar en Copenhague para lograr un novo acordo global que de continuidade ao protocolo de Kioto. É a última oportunidade que ten a humanidade para actuar de forma conxunta contra o cambio climático e por iso, A hora do Planeta de WWF quere mandar unha mensaxe clara esixindo un acordo ambicioso, xusto equitativo..
.
¡¡¡APAGA A LUZ DURANTE UNHA HORA!!!

Recorda: "Non herdamos a terra dos nosos pais, tomámola prestada dos nosos fillos"..
.
QUE O MUNDO ENTEIRO APAGUE A LUZ DURANTE UNHA HORA ¡RECÓRDAO! ..
.

" DE 20,30 A 21,30, O PLANETA ESPÉRATE".

Ningún comentario: