venres, 27 de marzo de 2009

INFORME AUKEN, OS FONDOS A ESPAÑA POLO URBANISMO

A Eurocámara pide conxelar os fondos a España se non acaba cos abusos urbanísticos.
.
A maioría dos deputados vota a favor dun informe non vinculante que propón revisar os plans que non respecten o medio ambiente ou que non garantan o dereito á propiedade.
O pleno do Parlamento Europeo aprobou hoxe o informe Auken que esixe que se conxelen os fondos comunitarios para España ata que se resolvan os abusos urbanísticos denunciados en Bruxelas por cidadáns de varios países da UE. A resolución, extremadamente dura coa situación urbanística de España, foi elaborada pola deputada verde danesa Margrete Auken, que pide suspender e revisar todos os novos plans que non respecten o medio ambiente e non garantan o dereito á propiedade. Esixe ademais anular os desenvolvementos urbanísticos en curso que non se axustan á lexislación comunitaria.
O pleno sacou adiante o informe, que non é vinculante, con 349 votos a favor, 110 en contra e 114 abstencións. Trátase da terceira vez que o pleno denuncia os abusos urbanísticos en España na actual lexislatura. A primeira foi en decembro de 2005 e a segunda en xuño de 2007.
Os socialistas e populares españois propuxeron dúas resolucións alternativas para rebaixar o contido, pero ambas foron rexeitadas. A do PP, por 393 votos en contra e só 126 a favor. A do PSOE contaba en principio co apoio de todos os socialistas europeos, pero antes da votación, o laborista británico Michael Cashman retirou a súa firma e solicitou que non se introducisen cambios. Finalmente, a iniciativa do PSOE foi tombada por 436 votos en contra e 72 a favor.
Corrupción endémica: "En España xerouse unha forma endémica de corrupción", sinala o texto, que responsabiliza a todos os niveis da administración dun modelo de "desenvolvemento insostible". O informe indica ademais que as autoridades xudiciais non están "debidamente preparadas" para dar resposta aos abusos. "As sentenzas ditadas en moitos destes casos non poden executarse de forma que compensen ás vítimas de tales abusos; iso reforzou a impresión, compartida por moitos cidadáns da UE de nacionalidade non española, acerca da falta de actuación e parcialidad da Xustiza española". O informe manifesta a súa "preocupación pola situación da planificación urbana en Marbella, en Andalucía, onde se construíron ilegalmente decenas de miles de vivendas, que infrinxen probablemente a lexislación comunitaria". Sinálase ademais que existen urbanizacións construídas en zonas protexidas pola rede Natura 2000, como as urbanizacións en Cabo de Gata (Almería) e Murcia.
O texto indica que a falta de "claridade, precisión e seguridade xurídica" na lexislación vixente en España no que se refire ao dereito de propiedade e a falta dunha aplicación adecuada e coherente da lexislación ambiental son as causas de moitos dos abusos urbanísticos. O informe insta a revisar "urxentemente" e a modificar a Lei de Costas "a fin de protexer os dereitos dos lexítimos propietarios de vivendas e daqueles que posúen pequenas parcelas en zonas da costa que non teñen un impacto negativo sobre o medio ambiente costeiro". Ademais esíxese ás autoridades españolas que despreguen mecanismos para "axilizar o acceso á Xustiza e a indemnización ás vítimas de abusos urbanísticos en virtude da aplicación da lexislación en vigor".
.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Y yo, que he intentado llevar una vida ambientalmente sostenible, que me he negado a participar en la destrucción masiva de costas y montes… Tengo que pagar el resultado de todos los desórdenes y especulaciones de dirigentes y empresarios que además me llaman ecologeta, con desprecio…

Por culpa de estos mafiosos y sin la ayuda de los fondos europeos puedo incluso llegar a perder mi empleo.

Deberían sancionar, exclusivamente, a los dirigentes y responsables de toda esta locura