venres, 20 de marzo de 2009

CORRUPCIÓN URBANÍSTICA DO PP EN OURENSE

Feijóo foi alertado das irregularidades.
.
En abril de 2003, a consellería de Alberto Núñez Feijóo tivo constancia documentada de que o planeamento exposto ao público no Museo Municipal ourensán non era o mesmo que aprobara o Concello presidido polo PP. Feijóo, entón conselleiro de Política Territorial, recibiu a notificación dun particular, o construtor ourensán Delio Óscar Santalices, que achegaba acta notarial con copias certificadas na que constaba o cambiazo dos planos.
Nos documentos que se mostraban ao público para as oportunas alegacións a edificabilidade era bastante inferior que a que aprobara, cos únicos votos do PP, a corporación local. A pesar diso, un mes despois Feijóo asinou a autorización definitiva do plan.
Santalices rexistrara o 25 de marzo no Concello un escrito informando da irregularidade. Reclamaba que se retirase a aprobación do PXOM da orde do día do pleno do día 27. O técnico, Cándido Ortells, recibiu a notificación o mesmo día da sesión e redactou un informe para que se entregase de urxencia ao alcalde, ao concelleiro de Urbanismo e ao secretario que estaban no salón de sesións. "Habéndose recibido o mencionado escrito sendo as 10.45 horas, dado que o pleno comezou ás 9.30 horas e dada a transcendencia da solicitude e sen prexuízo do seu posterior informe xurídico polo contido do mesmo, deberá darse traslado o máis axiña posible de copias do escrito de referencia ao alcalde, ao concelleiro delegado de Urbanismo e ao secretario xeral", especificaba. Pero horas máis tarde, a corporación aprobaba o planeamento só cos votos do PP.
Santalices remitiu o 23 de abril un escrito á consellería de Feijóo informando do ocorrido. Desde ese gabinete da Xunta enviouse unha notificación ao Concello instándoo a que certificase que o plan aprobado "foi sometido a información pública". Pero o promotor non denunciaba a falta de exposición, senón que os planos aprobados non coincidían cos expostos. Ademais, alertaba das "graves diverxencias en canto a clasificación e cualificación" do chan e advertía de "a responsabilidade xurídica dos autores".
O 29 de abril, Feijóo asinou a aprobación definitiva do PXOM. O 7 de maio daquel ano o xefe de servizo de Planeamento, Cándido Ortells, pediu un informe á secretaría ante a "gravidade do denunciado" polo promotor. Foi destituído.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Los alcaldes y y cargos del Partido Popular implicados en casos de corrupción llegan a la docena, relacionados en su mayoría con recalificaciones presuntamente ilegales y con adjudicaciones tambien irregulares.

Anónimo dixo...

La justicia al servicio del capital y del fascismo, esa es la democracia que nos trajo una falsa transición. La pena es que la pésima cultura democrática de este pais, así como la dominación , por parte de los poderes económicos que controlan los medios, afines todos al PPSOE, hace que este brutal atropeyo sea aplaudido por muchos, demasiados. Encima tienen la desfachatez de vendernos estas acciones como "puramente demócraticas" o "el deber de un estado de derecho".