xoves, 19 de marzo de 2009

O BIPARTITO DE VIGO MALGASTA 1,3 MILLÓNS COA UNIVERSIADA

O malgasto inclúese Rioxa Gran Reserva así como bebidas alcohólicas de importación. Ademais, tamén noutra factura de 371 euros por unha comida, onde se inclúe tabaco.
.
.Fixéronse públicas as facturas emitidas en concepto de gastos de representación para aspirar á Universiada, de malgastar e despilfarrar 1,3 millóns de euros en concorrer á organización dos Xogos con fume e enganando aos cidadáns, só cunha maqueta e sen nada detrás. Ademais, de falta de transparencia o proceder á hora de facer fronte aos gastos xa que se realizaron a través dun convenio asinado coa Fundación Vigo en Deporte (VIDE), dependente do Concello, por valor dun millón de euros. Levaron ese diñeiro a VIDE para escapar do control da Administración. O 84% do orzamento repártese entre seis empresas contratadas para labores como a realización do dossier ou a redacción do proxecto, entre outros. Tamén se deu conta de pagos de comidas e ceas con copas de importación e tabaco.
400.000 euros por tres facturas para o equipo profesional de Roberto Álvarez: Presentouse facturas que tiñan como destinatario o director da candidatura, Roberto Álvarez, e o equipo de profesionais que formou parte do comité organizador de Barcelona 92. En total: 372.200 euros por tres facturas en concepto de honorarios. En concreto, unha de 175.000 euros pola redacción do dossier para presentar ante a FISU e que supuña o 50% do importe; outra segunda de 116.000 euros pola obtención do éxito no corte estatal ante Murcia e unha terceira de 81.200 euros polos honorarios da segunda etapa, presentacións ante a FISU e preparación da presentación final en Bruxelas.
Realizar, deseñar e presentar o dossier da candidatura, 153.000 euros: En total, presentouse seis facturas que suman 153.000 euros. En concreto, foron 92.800 euros polo deseño e impresión de 450 catálogos en tres idiomas que, ademais, hai que sumarlle 9.280 euros en conceptos de tradución ao inglés e francés do catálogo entregado á FISU. Pero tamén se pagaron 34.800 euros polas fotografías para os catálogos e outros 8.800 por gastos de produción, embalaxe, envío e entrega do dossier na FISU. Para rematar, pagaron 10.900 euros pola elaboración da documentación para a presentación da candidatura en Bruxelas e 6.000 euros pola maqueta da Cidade do Deporte.
Gastos de todo tipo onde se inclúen comidas, tabaco e viños gran reserva: O millón de euros destinado a VIDE saíu de remanentes de tesourería, dos aforros e o pago de impostos dos cidadáns. Así, nunha factura de 334 euros do Club de Campo de Madrid, onde se inclúe un Rioxa Gran Reserva así como bebidas alcohólicas de importación. Ademais, tamén se centrou noutra factura de 371 euros por unha comida, onde se inclúe tabaco.
35.000 euros por tres actos durante a visita dos representantes da FISU á cidade: É destacable tamén outra factura por tres actos que se celebraron os días que os representantes da FISU estiveron en Vigo e que ascenden a 34.764 euros. No documento detállase un buffet para 36 persoas que se realizou no campus da Universidade; unha cea para 30 persoas nos salóns do Pazo de Urzaiz, en Nigrán, así como a cea que se celebrou no Museo do Mar para 150 persoas e que supuxo 23.000 euros.
Días de apoio total en Bruxelas: Durante o proceso para optar á Universiada de 2013 o PP apoiou a candidatura, ata coa presenza dunha concelleira en Bruxelas para defender o proxecto de cidade e o consenso e unidade que se logrou con esta iniciativa que impulsou o tenente de alcalde, Santi Domínguez, cuxo fin era aspirar á organización da Universiada.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Todos sabiamos lo que estaba ocurriendo. Santi Dominguez no puede estar un minutos más en el gobierno,es un corrupto potencial, lo mismo que el BNG.
A lo mejor se da el caso de lo que se dice de Santi, un borracho y un ...
Abel Caballero, prepara las maletas.

Anónimo dixo...

Esto no debería sorprenderte. La corrupción generalamente se apoya en una red de clientelismos y tráfico de favores que se entreteje entre muchos presuntos beneficiarios, que son los que le hacen la ola al capo de la mafia. Lo de presuntos es porque la mayoría de esos beneficiarios desconocen que también son estafados sólo porque no hacen las cuentas que deben.
SANTIAGO DOMINGUEZ ES UNO DE ELLOS.

Anónimo dixo...

CORRUPTOS:
No olvidar nunca esto, solo los altos cargos pueden firmar y usar esas ventajas, hacer eso es solo para los libre designación con niveles superiores y con titulaciones universitarias, nombrados por amigos, compañeros, familiares o políticos en la mayoría de los casos.
Así que donde este un currito corrupto es porque encima lo están más, la corrupción es casi imposible sin el beneplácito de quien esta encima que es su jefe, le manda supervisa y tiene obligación de conocer sus actos.
Si hay un corrupto en un ministerio se debe empezar por el Ministro porque o bien ha incurrido en dejación de sus obligaciones o bien lo ha permitido.
Pero todoS sabeN que la administración es laxa con sus hombres en general y cuanto más status mayor impunidad.

claudioataturk dixo...

Me parece excesivo tanto meterse con Santiago Domínguez. A mí no me gusta el BNG pero eso es una cosa y otra meterse por sistema con todo lo que hacen, pues en este asunto están implicados los tres grupos , unos por acción y otros por omisión.Los responsables tienen nombres en una Corporación tan débil como la actual en que la mayoría son desconocidos y otros de poco valor político, pero es lo que una nefastaos ha facilitado.
Saludos.
Ataturk.