luns, 23 de marzo de 2009

E COMO PUIDO, SEÑOR PACHI VÁZQUEZ, INPOÑERSE AO BNG?

Definitivamente debemos concluír que os políticos parten sempre nas súas análises de que os cidadáns somos bobos e de que, por iso mesmo, é posible manipularnos a conveniencia e facernos comulgar con rodas de muíño.
¿Como entender, se non, que Pachi Vázquez, xa en campaña para converterse en novo líder socialista, poida afirmar, como fixo na La Voz, en referencia ao BNG, que «un partido ten dereito a ter a súa ideoloxía, pero non a imporlla á sociedade» e que «o Bloque intentou imporlle a súa ideoloxía a unha parte da sociedade»? ¡Que cara dura!
¿É que o señor Vázquez esqueceuse de que el segue aínda sendo conselleiro (agora en funcións) do mesmo Executivo bipartito que fixo do Bloque, con algo menos do 19% dos votos e 13 de 75 deputados, un partido de Goberno? Ou como se cre o autoproclamado líder da renovación que se obrou o milagre de que unha forza minoritaria chegase a controlar a Vicepresidencia (en realidade a Presidencia bis) da Xunta de Galicia e unha terceira parte das súas consellerías (4 de 12)?
Ao señor Vázquez sábelle agora moi mal, ao parecer, que o Bloque impuxese a súa política, coma se de tal problema decatouse logo da derrota do bipartito nas eleccións autonómicas e coma se el, entre outros varios, non fose un responsable principalísimo e directo de que tal imposición puidese chegar a producirse. Porque foi o pacto asinado tras as eleccións do 2005 entre o PSdeG e o BNG e a forma concreta en que os dirixentes socialistas -entre outros, un Pachi Vázquez agora tan falador como antes mudo­- xestionaron (¡e aínda xestionan!) ese pacto o que permitiu ao Bloque impor a súa ideoloxía minoritaria a unha sociedade que a rexeita dun modo moi maioritario.
É posible que Pachi Vázquez crea que toda a cadea de despropósitos que levou ao desastre ao bipartito poida taparse cunhas paladas de imposturas, como quen enterrase un cadáver maloliente, pero, de novo, equivócase. Como se equivoca Touriño permitindo a Quintana pasarse polo arco do triunfo a decisión presidencial sobre as oposicións do Consorcio. ¿Por que non o cesa dunha vez e vaise cun deses xestos de autoridade que quizá podían habelo salvado da quéima?
O PSOE ten un problema. En Galicia, desde logo. Pero non só en Galicia, como pode comprobarse a diario en Cataluña e volveu onte a porse de relevo, dunha forma delirante, en Baleares. Si, o PSOE ten un problema: que non pode gobernar sen os nacionalistas e que só pode facelo con eles ao prezo de desfigurar o seu proxecto ata un punto que resulta xa irrecoñecible para centos de miles de españois que votamos durante moitos anos socialista.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

El candidato de Pepiño es Pachi Vazquez, así que será el próximo sustituto de Touriño. Este sujeto hace tiempo que se ha dado cuenta de que Pepiño es clave para medrar en Galicia y se ha convertido en su sombra. En el mes de Julio me informaron que Pachi lo daba por hecho, solo esperaban el momento. Con las elecciones encima, ya no daba tiempo de maniobra y habia que esperar, pero quien les iba a decir que ésta espera seria tan corta. En fin, no creo que el cambio vaya a dar mucho resultado. Es zorro viejo, trepa, poco recomendable e íntimo del Pepiño, ¿hay quien dé mas?. ¡Vaya curriculum!.

Anónimo dixo...

Hombre que ahora el barullo socialista quiera arregalar en un mes lo que fue incapáz en cuatro años es de traca. Lo mejor que pueden hacer estos señores del barullo socialista es revisar la cantidad de estómagos agradecidos que viven a la sombra del partido dede hace más de un lustro sin pegar golpe, verdad señor Ricardo Varela y Pachi Vázquez. Atornillarse al poder no es la mejor manera de trabajar por este Pais.
No sirve las lamentaciones, todos sabiamos quienes son los del BNG, para un botón ver el bipartito de Vigo, tiene la misma enfermedad que el bipartito de la Xunta, no le den mas vueltas, con el BNG no tiene solución.