sábado, 7 de marzo de 2009

O PSOE PERDEU AS ELECCIÓNS EN VIGO POR CABALLERO


O Tribunal Superior reabre a causa da aprobación do PXOM de Vigo nun pleno sen público.
.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decidiu investigar a demanda de varios colectivos veciñais que denunciaron a celebración do pleno de aprobación do Plan Xeral de Vigo sen permitir o acceso de público. A polémica sesión tivo lugar o 29 de decembro do 2007 e non se celebrou a porta pechada, xa que o grupo socialista invitou a varias ducias de dirixentes e afiliados, entre eles varios cargos públicos. Pola contra, centos de veciños que esperaban desde varias horas antes non puideron acceder por impedirllo a Policía Local.
A decisión do TSXG emenda a plana a varios xulgados de Vigo que deran carpetazo ás denuncias que se presentaron. Con todo, asociacións veciñais recorreron ao alto tribunal galego, que agora decidiu facerse cargo directamente da investigación destes feitos.
Aprobación cuestionada: A expensas do que finalmente decida, a sentenza na que se acepta a apelación pode ter graves consecuencias para o Concello vigués. No caso de que se probase que se impediu o acceso de público á sesión, algo que a normativa vixente veta de forma taxativa, o acordo adoptado sería nulo e xa que logo quedaría sen efecto a aprobación do PXOM.
O planeamento cuestionado atópase en vigor desde agosto do ano pasado, polo que unha marcha atrás colocaría nunha grave situación ao Concello e, en xeral, á actividade urbanística, por moito que se atope en crise. En tal suposto habería que retrotraer a tramitación administrativa ao momento previo ao pleno e seguir adiante co proceso, con todo o que iso leva.
Se tal situación chegase a producirse, o goberno PSOE-BNG que aprobou o Plan Xeral co voto contrario do PP tería moi difícil darlle vía libre nas mesmas condicións. A aprobación definitiva é unha competencia autonómica, polo que a última palabra correspondería ao conselleiro do PP que será nomeado o mes próximo.
Rexeitamento político: O ocorrido o día do pleno non ten precedentes en Vigo e quizais tampouco noutro concello galego. A sesión fora convocada para as nove da mañá do último sábado do ano en plenas festas do Nadal. A elección non foi casual e pretendía reducir a presenza dun público que se prevía contrario á aprobación dunha norma conflitiva.
A pesar diso, a partir das seis da mañá empezou a concentrarse xente ante o Concello, pero á hora do inicio da sesión os veciños atopáronse con que un cordón policial impedíalles o acceso. Para sorpresa dos xornalistas, cando estes chegaron ao salón de plenos estaba ocupado por varias decenas de persoas próximas ao PSOE que accederan á sede municipal polo garaxe. Este comportamento provocou a denuncia do PP e ata do BNG, membro do goberno, que anunciou que se volvía repetirse abandonaría a sesión.
Batalla xurídica: No campo procesual, un xulgado vigués inadmitió a denuncia por unha cuestión de procedemento. A normativa vixente establece que, ao tratarse da aprobación provisional, non é susceptible de impugnación, o que só pode facerse contra a definitiva, que corresponde á Xunta e produciuse varios meses despois.
Agora, con todo, o Tribunal Superior acepta parcialmente o recurso veciñal ao considerar que se trata da aprobación dun instrumento de planeamento, un trámite que expresamente é competencia de devandita instancia xudicial.
.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Os políticos,cans con distintas cadeas, nos damoslles de comer cos nosos votos e que fan,en vez de defender as nos casas,mordennos e escapan co rabo entre as pernas xunta os seus verdadeiros donos, bancos e especuladores, A QUEN LLES DEIXAN VIA LIBRE PARA ESQUILMAR O´RURAL VIGUES
Castiguemolos unindonos todos a botar abaixo este plan nos despachos e na rua e nas próximas eleccions demoslle de comer so´votos en BRANCO para que aprendan a non morder a quen os puso nas perreiras do concello.

Anónimo dixo...

RENOVACIÓN
En primeiro lugar o Psg debería ser PSG. Pensar xa nas municipais e cambiar os lideratos que amosaron cansanzo nas anteriores: Bugallo, Losada, el inutil de Caballero entre otros... Os cidadáns necesitamos renovar a ilusión nun proxecto de cambio, e estes señores son o de sempre, carcas,
"renovación e xuventude".