xoves, 5 de marzo de 2009

VIGO, NOVAMENTE A CIDADE SEN LEI

O alcalde de Vigo Abel Caballero, ten toda a responsabilidade do ocorrido co incendio de Teis, ao non funcionar a Xerencia de Urbanismo por falta de control e deixamento.
A historia repítese novamente, non podemos esquecernos do sucedido no Gorxal, tamén por abandono e falta de control. Unha vez máis, saltan á luz os empresarios depredadores que fan o que lles vén en gana, porque os responsables políticos do Concello de Vigo non se decatan de nada.
Un virulento incendio calcinou onte en Guixar dúas naves nas que se almacenaban ilegalmente tecidos e maquinaria téxtil. O lume afectou a dúas vivendas, unha delas deshabitada, e o fume a outras tres, sendo desaloxados os veciños. Os bombeiros atopáronse con varias dificultades para realizar o seu traballo, ao estar tapadas as tomas de auga tapadas polo asfalto e ao non haber suficiente presión naqueles momentos en todo o barrio de Teis.
Puido ser unha desgraza, pero houbo sorte. A min só me deu tempo de sacar o coche e as lapas xa chegaban ás fiestras da miña casa. O incendio que calcinou na mañá do martes dúas naves na Segunda Travesía de Guixar, afectando a dúas vivendas e outra que se atopaba deshabitada. Outras tres quedaron completamente alagadas de fume e os seus ocupantes tamén tiveron que pasar o resto da xornada fóra das súas vivendas. Os primeiros en detectar o sinistro foron dous policías que se atopaban na zona e que chamaron aos Bombeiros. Aos poucos minutos chegaban ao camiño, no que a duras penas cabían os coches antincendios, as primeiras dotacións que se atoparon con dúas naves ateigadas de tecidos de lana, roupa vella e maquinaria téxtil. Unha carga de lume que provocou grandes chamaradas que sobresaían por enriba do muro que rodeaba a leira.
Os vinte e cinco efectivos dos parques de Teis e Balaídos intentaron nun primeiro momento coller auga das bocas da rúa, pero ao atopalas tapadas polo asfalto tiveron que buscala noutros puntos da cidade. Mentres, o lume continuaba avanzando achegándose perigosamente a unha caldeira chea de combustible, que se converteu no primeiro obxectivo dos efectivos para evitar o seu arrequecemento e unha posible explosión. Un dos momentos máis perigosos coincidiu co derrubamento dos teitumes das naves, que colpsaron e dificultaron aínda máis o labor dos bombeiros, que controlaron o incendio tres horas máis tarde. A pesar de todo, os efectivos de Teis só regresaron á súa base pasadas as seis da tarde, unha vez que conseguiron extinguir todos os focos.
Na zona quedou un retén para evitar que as lapas reavivásense durante a noite. Ademais a Policía Local acordoou todo o patio interior no que se atopaban as naves e os accesos das dúas casas afectadas polo lume para evitar accidentes, xa que algunhas paredes estaban bombeadas e corrían perigo de derrube.
.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

A los ciudadanos señor Caballero no se les puede tomar el pelo, y debe usted gobernar con un mínimo de educación y respeto y no hacer maquillaje con este horrible suceso,siempre hecha la culpa a alguien, aduciendo que el ciudadano siempre exagera, señor Caballero sea respetuoso antes los ciudadanos que hacen realidad a esta nuestra ciudad. Toda acción política tiene una repercusión importante hacia nuestra ciudad y nuestras vidas y en este momento ustedes PSOE-BNG están defraudando a quien personas como usted dio un voto de confianza hacia ustedes para trabajar para el ciudadano y los intereses generales de estos en un marco constitucional y de derecho y sirviendo honestamente a todos y cada uno de los habitantes de Vigo. Y no sigan con esa albietrariedad característica de este ayuntamiento ni la generalidad para así entrar en demagogia, chuleria...sea honesto y veraz consigo mismo y con sus vecinos por favor.
Sabemos positivamente que el bipartito PSOE-BNG tienen los dias contados, igual al de la Xunta.

Anónimo dixo...

Os políticos da ""esquerda" están exentos de culpa, no caso do incendio de TEIS e o GORXAL , os culpables son, tal e como o expón ABEL CABALLERO, os seus subordinados e a dereita política, alguén ten que cargar coas culpas. Tampouco había porqué dimitir cando o do «Prestige», aquí tiña que dimitir máis dun, ou polo da guerra de Iraq por citar algúns casos que afectan a políticos da dereita. En todo caso isto senta un precedente de salvagarda e de inmunidade para os políticos de dereitas. En canto aos políticos de esquerdas estou seguro de que seguirán actuando sen dignidade e con pouca seriedade e facendo o que en cada momento proceda. Isto demostrárono aínda a pesar de non existir motivos para tomar a determinación que no seu día adoptaron.