NON EXISTE XUSTIZA PORQUE OS CIDADÁNS POIDAN DENUNCIAR OS CONTINUOS ACTOS VIOLENTOS DA ADMINISTRACIÓN.
.
A participación cidadá non é un mero trámite. Os seus dereitos deben ser respectados polos partidos gobernamentais se non queren que os tribunais declaren a plena nulidade dos seus actos.
A Constitución di no seu artigo 1.2 que a soberanía nacional reside no pobo español, e no artigo 117.1 que a xustiza emana do pobo.
Gobernar en contra do pobo, e ata lexislar, constitúen actos alleos á vontade popular e xa que logo nin a representan, nin son lexítimos. É máis constitúen actos violentos porque producen dano aos cidadáns e á democracia.
Os tribunais, no caso de Ourense, ponse á beira do pobo, cando os partidos no goberno cometen tanta inxustiza que deixan aos cidadáns en clara e total indefensión. No caso de Vigo (o PXOM vai camiño de ser un plan parcial aprobado definitivamente) as decisións dos sucesivos gobernos foron tomadas "sen o pobo", contra o pobo e de xeito ilegal (ver firmas e informes). É razoable pensar que os tribunais darán a razón e o dereito a Alternativa Veciñal e demais demandantes, por atentar PP, BNG e PSOE contra a lei e contra principios fundamentais da democracia, da xustiza e da sustentabilidade.
..
..
Ningún comentario:
Publicar un comentario