martes, 14 de abril de 2009

O ZONDAL, DESASTRE ECOLÓXICO

O antigo vertedoiro do Zondal aínda ten fugas tóxicas tras dez anos selado. O vertedoiro ofrece dúas caras totalmente distintas, a bucólica da superficie e a dun interior que bule.
A imaxe que ofrece o vertedoiro do Zondal unha década logo do seu selado non pode ser máis bucólica. O que entón eran montañas metálicas, plásticas e de todo tipo de materiais transformáronse como por encantamento en zonas verdes sobre as que pastan as vacas. Un auténtico relax para os animais se non fose polo ruído continuo que emite a caseta instalada en pleno campo co obxectivo de dar saída ao gas metano que soltan as verteduras desde o subsolo. Trátase de evitar as explosións, denunciadas polos veciños dous anos despois do peche.
E é que no antigo vertedoiro do Freixo (Valadares) non é ouro todo o que reloce xa que baixo a panorámica do pasteiro escóndese unha auténtica polvoreira. Nin máis nin menos que as 150 toneladas de materia orgánica depositadas cada día durante máis de vinte anos, segundo explica o ecoloxista Antón Lois, quen advirte de que a contorna tampouco se libra dos lixiviados, líquidos nocivos producidos polos residuos sólidos urbanos capaces de contaminar augas e chans.
Drenaxe: As tubaxes que os transportan aparecen ao aire e as fugas son evidentes. «Se no seu día preparouse o vertedoiro con canles de drenaxe non pasaría iso, pero alí vertíase ao besta, sen máis, e as fugas de lixiviados non hai por onde controlalas, é imposible impermeabilizalo completamente». O ecoloxista explica que o habitual é canalizalos cara a unha depuradora específica e no caso do Zondal supón que se conectou ao saneamento. Explica que algo similar ocorreu coa montaña de cinza da incineradora de Matamá, que a pesar de ter residuos tóxicos e perigosos, deixouse crecer a herba coma se non pasase nada.
Moitos anos: Segundo Antón Lois, a parte estética dos selados é a máis fácil, pero o problema é todo o que se arroxou nese lugar e que vai desde mondas de patacas a pintura, pilas, electrodomésticos e ata residuos radioactivos de hospitais, detectados naquela época polos ecoloxistas nos colectores verdes de residuos sólidos urbanos.
Tendo en conta o proceso de fermentación e descomposición que seguen as verteduras, as filtracións de gas á atmosfera e as de lixiviados ao chan tardarán moitos anos en eliminarse. Os ecoloxistas non son capaces de concretar cantos. Pero si conclúen que «despois quedarán inertes e mellor non removelo porque isto é como varrer e meter o lixo debaixo da alfombra».

1 comentario:

Voltaire-Vigo dixo...

LAS DES-HUMANIZACIONES DEL TÍO ABEL (Faro de Vigo)

Voltaire-Vigo (lacorrupciónquenosinvade@hotmail.com)

¿Cómo es eso de que hay que hacerlo a toda prisa, porque si no el dinero se va?
Se va para donde?

Para empezar, ya veremos cuando cobran las empresas que están haciendo las DES-HUMANIZACIONES, ya que no hay un puto duro en las arcas del Estado.

Quizás sea que, lo de hacerlo todo al trote y al mismo tiempo, es por que si hacen la primera calle y no cobran, igual ya no hacían la segunda ¿ O no?

Pero bueno como la mayor de las empresas, es como de la “casa” igual le pagan con otras obras como el carril-bici Vigo - La Guardia, que casualidad que sea la misma, que además fue la que ya asfalto Vigo – Baiona (Las dos carreteras) Hace un par de años… y AHORA HACERLO DE NUEVO? ¡¡Huuuy que mal me huele esto!!

Porque lo más sensato, es que se fuese haciendo una calle, acabar y empezar con otra, ver los errores que se cometieron en la primera, para corregirlos (Povisa, por ejemplo, no puedes parar para dejar un familiar en urgencias como este una ambulancia) Para no crear el autentico caos que nos están haciendo padecer.

Salvo, que tras el resultado de las ultimas elecciones autonómicas, algunos piensen que no van repetir y quieran “amasar rápidamente” sin importarle tres cojones el daño que están causando a los ciudadanos.

También puede que sea, que de esta forma, con el caos de trafico, el IMPRESENTABLE-MULTADOR-OFICIAL-CALVIÑO, (Solo sabe presumir de las muchas multas que mete y los puntos que saca a los conductores) Pretenda recaudar lo suficiente en multas de trafico, para tener garantizados los “garbanzos” y las PAPADAS, de la pandilla de incompetentes que mal nos gobiernan.

¿No sería más sensato, asfaltar, bien asfaltadas todas las calles, ¡¡EL RURAL TAMBIEN COÑO!! Adecentar las aceras que lo piden a gritos TOMAS A. ALONSO ¡¡HAY TRAMOS DESDE HACE 50 AÑOS QUE TIENEN 30 CENTIMETROS!!

Exigir a las empresas que contraten empleados de la ciudad, (40.000 Parados en la Comarca) Que les paguen lo que marque la Ley y se guarde el señor alcalde los ¡¡78.000!! Euros que le va a dar a los tres sindicatos para que vigilen!!! ¿Para que ‘coño están los funcionarios y la ‘Inspección de trabajo?

Todo esto a mis 76 años me supera. ¡¡QUE ASCO!!

Listas abiertas ya Mientras tanto, Vota en BLANCO

Vigo, 14 de Abril VIVA LA REPUBLICA