domingo, 12 de xullo de 2009

DESTRUCIÓN A TODA COSTA, GALICIA

SOLUCIÓN: ONDE ESTÁ O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL?

Nos 86 municipios da costa galega construíronse, en toda a historia, 816.000 vivendas. Os concellos están agora recalificando para poder edificar 680.000 máis en só 13 anos. Isto supón, por exemplo, máis que as previstas, na Costa do Sol. Para pór orde, no ano 2007 a Xunta publicou o denominado Decreto de Medidas Urxentes dos 500 metros, que suspendía temporalmente as edificacións previstas a menos de 500 metros da ribeira do mar ata que os municipios adaptasen o seu plan urbanístico á Lei do solo. A medida cautelar afecta a unha franxa de 60.000 hectáreas, que representa o 13% do solo dos municipios costeiros, a banda máis desexada polas construtoras...
Os impactos sobre os espazos protexidos galegos non só se deben a verteduras urbanas. Tamén as verteduras industriais favorecen a destrución da súa costa. Algunhas destas evacuacións realízanse sen licenza, como no río Lagares. Outros teñen licenza pero resultan tan agresivos para o medio ambiente e os ecosistemas como os de Elnosa e ENCE en Lourizán (Pontevedra) ou Ferroatlántica en Cee...

Informe: destrución a toda costa, en Galicia 2009, picar aquí ...

Ningún comentario: