xoves, 23 de xullo de 2009

O ÁRTICO ADELGAZA MEDIO METRO

Un estudo di que en catro anos perdeuse unha masa de xeo como Alaska e que a capa é cada vez máis fina

O Ártico dá síntomas de debilidade. Os científicos que observan constantemente a evolución do casquete polar só extraen consecuencias negativas ao analizar o comportamento dos últimos anos. Un informe elaborado pola NASA e a Universidade de Seattle (EEUU), publicado na revista Journal of Geographical Research Oceans, afirma que o xeo do Océano Glacial Ártico é cada vez máis escaso. A superficie que ocupa a masa xeada reduciuse, desde 2004 ata 2008, nun tamaño similar ao de Alaska, reduciu o seu espesor en máis de medio metro e, aínda por riba, o xeo que sobrevive ao verán é cada vez menor.
É a primeira vez que se realizan estimacións deste tipo, grazas aos resultados que proporcionou o ICESat , o satélite da NASA encargado de observar as nubes, o xeo e a superficie da Terra. No caso particular do Ártico, existe unha característica fundamental á hora de afrontar o estudo: o volume de xeo non é constante durante todo o ano. No inverno, a ausencia de luz solar facilita un incremento substancial da capa de xeo, pero no verán, a chegada do sol, do vento e das correntes oceánicas provoca unha perda por desxeo de gran importancia. Dentro deste proceso de contracción, observouse que as ganancias de xeo no inverno non están compensando as perdas no verán. Desta forma, o volume total de xeo reduciuse durante os últimos 4 anos en 1,54 millóns de quilómetros cadrados (km2).

Menos xeo vello

A perda de xeo non só se observa no volume total, senón tamén no espesor da capa xeada. As medicións do ICESat estiman que, desde 2004 ata 2008, o Ártico adelgazou 68 centímetros, a un ritmo de 17 centímetros ao ano. Neste período, é a primeira vez que o xeo novo é máis abundante que o xeo antigo. O xeo que conseguiu sobrevivir ao último verán é só o 32% do total, mentres o 68% formouse no último inverno.
Os últimos informes do Centro Nacional de Datos de Neve e Xeo de EEUU (NSIDC), publicados o 6 de xullo, confirman esta tendencia. En xuño, o Ártico perdeu 2,05 millóns de km2, a un ritmo de 68.300 km2 por día.
Desta forma, cando aínda queda por diante a metade da tempada de desxeo, que finaliza en setembro, o xeo que queda no Ártico está por baixo da media do período 1979-2000 e está só 337.000 km2 por encima dos datos de xuño de 2007, o ano no que se bateu o record de mínima superficie de xeo. O 16 de setembro dese ano, o volume reduciuse ata os 4,13 millóns de km2.
En xuño de 2009, as temperaturas máis elevadas rexistráronse no mar de Laptev e no de Beaufort, ao norte de Rusia e Norteamérica, respectivamente. En cambio, as zonas atlánticas marcaron temperaturas algo máis baixas do normal.

1 comentario:

Anónimo dixo...

O FARO DE OS XOVES

15 - Comentario enviado el día 23-07-2009 a las 11:16:31

Espero y deseo que por el bien de esta ciudad, estas promesas se cumplan y en vez de peleas callejeras, exista consenso y unión por el bien de VIGO.

Autor: VIGO LO P`RIMERO
14 - Comentario enviado el día 23-07-2009 a las 11:11:25

y mientras tanto el morrazo seguirá sin hospital y teniendo que desplazarse a vigo cuando hay urgencias...... que verguenza!!!!... pero bueno, es lo que hemos votado y lo que queremos... una panda de incompetentes a los que lo unico que les interesa es dar beneficios a las empresas y salir en las fotos de las inaguraciones... tenemos lo que queremos!!!! .....

Autor: omorrazo
13 - Comentario enviado el día 23-07-2009 a las 10:57:07

Leria, estate caladiño, que desta non nos salva nin o Dosio, xa se puseron de acordo ps e mais lo PP e van nos mandar a sitio que eu me sei. Temo-lo negocio fodido meu.

Autor: O SANTO LADRON DO BINGO
12 - Comentario enviado el día 23-07-2009 a las 10:52:34

Ese odio y ese resentimiento que tenéis, os pasará factura durante todas vuestras vidas, y no os permitirá ser felices. Os compadezco.

Autor: Visionaria