sábado, 25 de xullo de 2009

PROTEXER A CONTORNA

As obras nos canóns do río Sil para ampliar a cen-tral hidroeléctrica de Santo Estevo I e comunicala coa de Santo Estevo II, que implicaron o secado dun tramo da canle, terminaron. Pero este río ten outras posibles ameazas futuras sobre a súa conca e a súa contorna paisaxística, sobre todo na zona da Ribeira Sacra.
Tranquilidade, paisaxe e natureza son tres dos valores que definen á Ribeira Sacra, un espazo protexido pola Rede Natura, aínda que baixo a presión das minicentrais sobre o territorio. De feito existen ata 13 proxectos de novos aproveitamentos hidroeléctricos, que se estenden por tres provincias galegas e atópanse actualmente en distintos estados de tramitación por parte do Goberno central, o responsable nesta conca.
As actuacións da empresa vasca Iberdrola en Santo Estevo, en pleno corazón da Ribeira Sacra, espertaron estes días as protestas da asociación ecoloxista Adega e tamén do ex conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez, que asegurou que todas as "alarmas ambientais teñen que estar encendidas". De feito, un técnico da Unesco alertaba, en declaracións, que calquera actuación nun espazo protexido é prexudicial para conseguir a categoría de Patrimonio da Humanidade, distinción que intentará conseguir a Consellería de Cultura. Allea ao posible impacto das obras na zona, a Consellería confirmou, fai uns días, que traballará o tempo que sexa necesario para conseguir que a Ribeira Sacra obteña o recoñecemento da Unesco. Entre os traballos a desenvolver neste sentido débese ter en conta a supervisión das obras que se están executando na zona. Tanto a Administración galega como a estatal deben estar alerta ante as actuacións que se proxecten neste espazo natural, estudando as consecuencias que poidan ter para a contorna natural e mantendo un equilibrio entre a posta en valor do patrimonio paisaxístico e o desenvolvemento da economía dos concellos da zona.
O problema engadido é que ten moi mala solución por non dicir que é irrecuperable. O río está desgraciado: en primeiro lugar por Iberdrola e os seus encoros. En segundo lugar por algúns regachos como o río de Casaio, o Quiroga que veñen completamente grises de lavar as lousas. E para rematar : o Barco , A Rúa , non depuran, todo vai ao río. É unha pocilga con bo aspecto exterior.
O RÍO SIL NON SE MERECE ESTE TRATO. É UN DOS RÍOS GALEGOS MAIS IMPORTANTES.
Finalmente, para porlle a puntilla, en varios dos seus afluentes pola Rúa e o Barco están previstas varias minicentrais; a última anunciada en xaneiro de 1999 no río Leira. Ademais Iberdrola anuncia (31-05-98) dous novos encoros na zona do Barco. A puntilla final. É un río morto para a pesca.
En resumo é o exemplo dunha conca dun río que demostra como se pode desgraciar polo chamado desenvolvemento sostible, tan de moda. Increible. Iberdrola deixou a este río medio morto. Todo son encoros.
A pesar do anterior a zona do Barco de Valdeorras é extraordinaria, cun potencial turístico fóra de toda dúbida e que no futuro dará moito, moitísimo que falar. Por pór uns exemplos : casas rurais sensacionais como o Pazo do Castro e lugares de ilusión como as Medulas ou o Teixadal combinadas, poden dar á zona unha riqueza ata agora descoñecida.

1 comentario:

Anónimo dixo...

SALVAGUARDAR EL ENRIQUECIMIENTO DE LOS CUATRO CACIQUES A LOS QUE SE LES DEBEN INFINIDAD DE FAVORES QUERRAN DECIR... QUE YA NO SE NOS PUEDE TOMAR EL PELO COMO HACIAN AÑOS ATRAS..NO CREEMOS EN LOS POLÍTICOS!! NOSOTROS AHORA DEBEMOS LAMER NUESTRAS HERIDAS Y ENSEÑAR DIENTES CUANDO SE ASOMEN POLITICOS.