venres, 28 de agosto de 2009

BRUESA, POLÉMICAS ACTUACIÓNS

Xestur, a sociedade pública que promove a construción do PARQUE DE NAVIA, négase a recepcionar as obras sen que antes a construtora BRUESA achegue a documentación na que conste quen autorizou o aumento do gasto nas obras, que ascende a unha cantidade próxima aos dous millóns e medio de euros.
Segundo as fontes de Xestur consultadas, "na sociedade carécese de documentación algunha sobre o permiso á construtora para o reformado da obra, e de momento non achegou papel algún respecto diso". Ese foi un dos motivos polos cales o consello de administración de Xestur, que xa se reuniu a finais do pasado mes de xullo, rexeitou a recepción das obras, que implicaría o recoñecemento implícito do diñeiro que reclama a máis a empresa construtora.
Os técnicos da Consellería estudan os termos legais polos que se poderán esixir responsabilidades ao anterior Xunta polo desfasamento detectado na construción da zona verde da urbanización de Navia.
A decisión do departamento que dirixe Agustín Hernández baséase nos informes achegados por Xestur, segundo os cales non consta documentación escrita algunha sobre a autorización do aumento do custo das obras nin sobre os cambios experimentados no proxecto con respecto ao que serviu de base para a adxudicación. Un aumento de orzamento que foi cifrado polos técnicos da consellería nun 80 por cento sobre o prezo da mencionada adxudicación.
As obras da zona verde de Navia "que se converterá cando estea terminada na segunda de maior extensión de Vigo tras o parque de Castrelos" foron adxudicadas pola anterior consellería no ano 2007, por un importe de 4,9 millóns de euros. Esa cantidade supuña unha baixa con respecto ao prezo de licitación dun 21,2 por cento. Con posterioridade autorizouse un reformado de 800.000 euros. Agora, a empresa reclama un novo modificado por un importe de case 3 millóns de euros, polas obras realizadas a maiores.
Fontes da consellería indicaron que "a empresa construtora BRUESA non puido presentar aínda ningunha documentación que avale a autorización dese sobrecusto nin tampouco dos cambios de deseño operados no proxecto que foron aprobados polo anterior bipartito". As modificacións non foron aprobadas, segundo a consellería, nin por Xestur Pontevedra nin polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, xa que en ningún dos dous organismos consta documentación algunha respecto diso.
Por ese motivo, e unha vez reciba os papeis da empresa, Vivenda analizaraos e pedirá responsabilidades a "os axentes que interviñeron no proceso", segundo o mesmo portavoz. Mentres, as obras non poderán concluír.
QUEN É O GRUPO BRUESA:
É unha empresa española dedicada á construción de vivenda e obra civil e á promoción inmobiliaria. A súa fundación remóntase ao ano 1979 e a súa sede social está na cidade de San Sebastián, aínda que posúe tamén outra sede central en Madrid. En 2007 atopábase entre as 500 empresas máis importantes de España.
Construcións Brues foi unha das empresas salpicadas polo Caso Roldán, un dos casos de corrupción máis coñecidos da historia de España. Brues foi unha das empresas máis beneficiadas pola adxudicación de contratos de obras da Garda Civil durante o mandato de Luís Roldán á fronte desta institución. Roldán foi condenado por prevaricación por adxudicacións «arbitrarias» sen concurso público de de contratos de obra a Brues e outras empresas construtoras. Estes contratos permitiron a Brues crecer fora do País Vasco e reportáronlle grandes beneficios.
O Grupo Bruesa foi criticado por recibir supostos tratos de favor por parte de administracións públicas socialistas en Aragón e Andalucía.
Tamén se viu salpicada por un suposto escándalo de corrupción urbanística en Eivissa.

1 comentario:

Anónimo dixo...

BRUESA, PSOE Y PLAZA DE ESPAÑA

No hace falta ser un genio, solo hay que ver las diferencias entre este convenio y el resto del PGOM DE VIGO y el enorme interes del alcalde en desarrollar este ambito (LA JOYA DE LA CORONA DEL PLAN), además este ámbito tiene poca vivienda de proteccion oficial como el resto del planeamiento, huele raro, al tiempo que Bruesa está detras, tambien estará como no puede ser de otra manera el PSOE.
Es curioso el desarrollo urbanistico del PSOE (CABALLERO ¿donde estan las 6000 viviendas?) y el ANTIGUO CONCEJAL COMUNISTA y actual presidente de los arquitectos SALVADOR FRAGA, ARQUITECTO DE ESTA OBRA Y, CASUALIDAD, DE TODOS LOS APARCAMIENTOS SUBTERRANEOS EN VIGO. COUSAS VEREDES...

¿Tendrán brotes verdes de corrupción?