domingo, 16 de agosto de 2009

DEFICIENCIAS MOI GRAVES NA XESTIÓN DE SOGAMA

Areosa onde se rexistran os problemas máis graves, derivados das «numerosas afeccións» producidas ao longo do tempo e que afectan tanto á contaminación das augas e do solo, así como á forma de xestionar. É máis, a auditoría que realizou a Xunta de Galicia, resalta que este vertedoiro reduciu a súa estabilidade, en tanto que se detectaron «situacións de importante desviación» nas pendentes dos noiros
Un dos aspectos especialmente preocupantes no complexo de Sogama é a contaminación dos espazos adxacentes ao vertedoiro de Areosa e a planta de tratamento de lixos. O informe encargado pola Consellería de Medio Ambiente, pon en evidencia que as deficiencias detectadas na xestión das augas non se limitan tan só aos lixiviados e ás escorrentías, senón tamén ás augas pluviais.
En todos eles apreciáronse «desviacións importantes» nos niveis de nitritos «que se consideran continuadas no tempo» ao rexistrarse en todos os controis realizados. Tamén apareceron, niveis altos de amonio, sustancia tóxica para os humans en altas concentracións, así como sólidos en suspensión e fosfatos.
xestión residuos farmacéuticos
A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) recoñeceu nun comunicado, que asinou un contrato para a xestión de residuos farmacéuticos sen dispor de medios. En lugar de incineralos, os vertiu de forma incontrolada no vertedoiro de Areosa (xestionado pola empresa privada Danigal) a pesar de que estas instalacións non contan coa autorización necesaria.
A Xunta estima en 1.700 as toneladas anuais de restos de medicamentos que entrarán no complexo de Cerceda, o que supón o 0,21% dos residuos que xestiona. Recorda que os sobrantes dos medicamentos do 80% dos fogares galegos acaban nos cubos do lixo.
Os sistema de potabilización de auga normalmente non son eficaces contra estes tipos de fármacos. Os medicamentos das que estamos falando, se se tratan de forma inadecuada, poden contaminar as augas e contribuír ao desenvolvemento de cepas resistentes aos antibióticos. Por cousas como esta, entre outros motivos, están volvéndose a padecer enfermidades que criamos que estaban erradicadas no chamado primeiro mundo.

Ningún comentario: