Un traballador galego declara 6.000 euros máis de ingresos anuais que un empresario. Os subinspectores denuncian «a gran fraude fiscal» pola diferenza nas rendasO sindicato máis representativo dos técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) solicitou á Administración tributaria que centre as súas investigacións nos principais focos de fraude e non sobre as rendas do traballo. A razón que expón para iso é a diferenza existente entre o diñeiro declarado por traballadores e pensionistas, e empresarios e autónomos.
Segundo o informe da loita contra a fraude fiscal na Axencia Tributaria elaborado por Gestha, os diferentes empresarios declaran entre 4.000 e 6.000 euros menos só en Galicia, sendo esta a terceira comunidade con maior diferenza entre asalariados e empresarios de estimación directa. Con todo sitúase por baixo da media nacional. En toda España, os traballadores e pensionistas declaran entre 5.000 e 7.000 euros máis, o que levou aos subinspectores de Facenda a sospeitar da existencia dunha posible fraude. «É pouco crible que un traballador ou un pensionista gañe de media entre 5.000 e 7.000 euros anuais máis que os empresarios, notarios, arquitectos, avogados ou médicos, o que é outra proba evidente da enorme fraude fiscal que sitúa a España no segundo ou terceiro lugar no ranking dos países máis defraudadores da UE», engadiron.
Nesa mesma liña, Gestha mostra a evidencia da fraude na escasa diferenza do diñeiro declarado este ano e o de fai dezaseis. «Resulta desolador comprobar como os profesionais e os pequenos e medianos empresarios declaran no 2007 uns 3.200 euros máis que en 1992 (un 31,82%) -data na que se creou a Axencia Tributaria do Estado- e os microempresarios 2.300 euros máis que en 1992 (un 25,71%) cando comezaron a tributar por módulos», asegurou un portavoz do sindicato.
No entanto, os resultados mostran unha leve melloría, aínda que os informes que recollían os diferenciais ata o 2006 revelaban un continuo incremento, que se detivo no 2007 grazas ás rebaixas fiscais aplicadas á renda.
1 comentario:
EL ENUNCIADO LO DICE TODO, PERO FALTA UNA FRASE:
ESPAÑA: FRAUDE, ESTAFA Y CORRUPCIÓN GENERALIZADA.
Adelante con vuestro blog, vale la penaverlo.
Publicar un comentario