mércores, 26 de agosto de 2009

¡PARA QUE SERVEN OS SINDICATOS?

Os sindicatos dan por boa a política de Zapatero: "hai crise pero o goberno non pode facer máis do que fai", se fai algo

Os sindicatos neste país non deixan de ser como os artistas, persoas subvencionadas para telos de reserva e utilizalos contra a DEREITA. Pasamos 12 anos seguidos cheos de "prosperidade" e tranquilidade social e económica.
Os sindicatos limitáronse a aumentar as súas cotas de persoas dedicadas aos mesmos á conta das empresas que os sustentaban e sustentan e sen ningunha idea que ofrecer aos seus afiliados. Só unha pequena idea para eles.: Na época na que todo o que se fabricaba, vendíase e cada día mais caro, ¿Onde estaban os sindicatos para pedir melloras salariais e sociais?, ¿onde estaban as súas ideas de ESQUERDAS para conter os abusos nos gastos estatais e familiares?.
Perdeuse unha gran oportunidade para pedir ás empresas todo o que agora elas lles piden aos traballadores. As épocas de bonanza económica serven para porse ao día de todas as pretensións da clase traballadora e loitar cos empresarios para conseguilas.
Pero claro, demasiado teñen os sindicatos neses días con sacarlles os diñeiros aos gobernos e cada vez aumentar o numero de liberalizados que hoxe existen ata de empresas que pecharon.
Se entón fixesen os deberes hoxe poderían ofrecerlle ás empresas reducións de salario importantes no canto de despedimentos incontrolados. Ese era o momento de porse duro coas empresas, hoxe, hai que agachar as orellas e rezar para que o despedido sexa outro e non eu.
Pero os sindicalistas seguen en igual número que cando había traballo para todos. ¿Alguén sabe para que serven os sindicatos?, ¿Alguén sabe se cando pensan, se pensan, fano en beneficio do traballador?. Porque claro o que paga manda e eles non se manteñen cos diñeiros dos afiliados.
¿Entón quen manda neles?. Estámolo vendo na rúa, nin unha palabra máis alta que outra a non ser a que lles mandan os seus xefes.
Ata eles din que é unha crise global e que o goberno non pode facer máis do que fai, se fai algo

3 comentarios:

Anónimo dixo...

El sistema está corrupto por todos los lados, empezando por las grandes empresas como origen del cancer social, pasando por los gobiernos, partidos politicos y sindicatos. Todos estan infectados por el poder del dinero y creo que no estaria nada mal hacer una limpieza a fondo del sistema. Deberiamos desenterrar la guillotina...
ASÍ ES ESPAÑA Y LOS ESPAÑOLES.

Anónimo dixo...

El Financial Times de Londres, uno de los diarios económicos más influyentes y prestigiosos del mundo, cree que el Franquismo protegía más y mejor a los trabajadores españoles que el socialismo que lidera Zapatero con la complicidad de los grandes sindicatos Comisiones Obreras y UGT.
Los dos grandes sindicatos españoles, cómplices del gobierno y, según muchos observadores, también "comprados" a golpe de subvenciones y de cuotas de poder
El otro gran diario económico mundial, The Wall Street Journal, editado en Nueva York, se muestra sorprendido de que en España no se produzcan conflictos sociales como consecuencia del paro masivo y de la injusticia con los más débiles
Financial Times, denuncia también la inacción de Zapatero y su cortedad de miras.

UN PARADO MÁIS dixo...

¡¡folga xeral!!

En breve empezaranse a oir voces que pidan folga xeral xa, no canto de tantas contemplacións con estes bolseiros que nunca a viron mais gorda....aínda que se cadra é verdade o que se rumorea por aí: UXT e CCOO son tambien corresponsables da incompetencia gobernamental,pero se iso é así,¿quen defende os dereitos dos traballadores en paro desde fai mais un ano,por exemplo, ou dos inmigrantes, ou dos aútonomos que tiveron que pechar os seus negocios?

Propoño aos afiliados de ambas as centrais e especialmente aos parados que,antes de empezar a romper os seus carnés deixen de pagar a cota mensual do sindicato e empreguen ese diñeiro en cousas mais útiles....polo menos así as horas sindicais que gozan estes artistas dándose a lingua co Goberno pagaranas os empresarios.