martes, 25 de agosto de 2009

DITADURA DEMOCRÁTICA

O Estado de Dereito significaba realmente o dereito do Estado. O dereito a protexer os intereses dos ricos e dos partidos políticos que gobernan; interpretando ao seu favor, e de quen lles financian, as leis que xa lles son favorables. O dereito a marear a perdiz.
Informa a prensa que o Tribunal Supremo (TS) cambia a súa doutrina: Non se poden dar licenzas urbanísticas baseadas nun Plan anulado por tribunais inferiores. Non é necesaria a doutrina para ver a inxustiza e, cando esa doutrina é voluble, máis ben a oculta. Hai que mirar, primeiro, aos ollos das vítimas (e dos seus agresores) para atopar a verdade, logo, pódese impartir doutrina. Desgraciadamente os fiscais e xuíces son incapaces de manter esa mirada, por iso marean a perdiz.
Porque, ¿é tan difícil entender que, se un xuíz (ou tribunal) xulga en primeira instancia e falla (condena), algún valor ha de ter, algunha consecuencia?, por exemplo: suspensión cautelar ou retroacción á situación orixinal. ¿Como puido admitir o TS na súa doutrina que o recurso de quen perdeu o xuízo (é dicir: un infractor ou un delincuente) ten o mesmo valor que (neutraliza) o fallo dun tribunal? Porque isto o o que realmente sucede no terreo do urbanismo: o concello pode seguir dando licenzas e o promotor pode seguir construíndo. E se o preito fose entre particulares, á vítima obrígana a admitir a prolongación da inxustiza e o sufrimento -xa que na práctica o Estado ampara ao agresor- ata que as máis altas instancias fallen. E, cando o fagan, a vítima xa pode estar morta, coma se dunha lista de espera do Sergas tratásese. Se a xustiza lenta é unha inxustiza, os tribunais non administran xustiza, contribúen á inxustiza cando, por fin, fallan.
Por se iso fose pouco, se gañas, son capaces de cambiar a lei para que non gañes nunca. Por exemplo un Plan Xeral que legaliza, coa complicidade de fiscais e xuíces, as ilegalidades cometidas durante a vixencia do anterior Plan.
Con estas accións, os partidos que gobernan están exercendo unha violencia desde os gobernos cuxa consecuencia é que os cidadáns reaccionen en defensa propia, ata con violencia, porque non hai xustiza; cando debería ser o contrario. A sociedade pacífica e xusta (en oposición a unha sociedade violenta onde reina a impunidade) constrúese sobre o Principio de Convivencia. Este principio viólase hoxe continuamente, sen que aos partidos que gobernan e á Administración de Xustiza impórtelles, é máis, parecen promovela, instigarla: Impostos abusivos e malgasto e malversación do diñeiro recadado; leis e normas abusivas, ou que logo non poden ou non queren aplicar a quen as infrinxen; falta de control da fraude fiscal, os oligopolios e a banca; non aplicar ao empresario e ao gobernante un réxime equivalente ao estatuto dos traballadores; potestade aos partidos e os seus representantes para tomar decisións ilegais desde os Gobernos cuxas consecuencias non as paga o partido, senón o pobo; corrupción; impunidade; multas e penas ridículas por contaminar a natureza ou a vida pública; un veciño que che amarga a vida; etc.
Hoxe en España a vítima é dobre vítima non soamente pola agresión sufrida en primeira instancia, senón polo mal funcionamento do Estado. O que cumpre a lei sae prexudicado (ver o intento do PP de legalizalo todo cunha nova Lei do Solo de Galicia) e os pacíficos están desamparados fronte á violencia exercida polo seu veciño, o Sergas, a Administración de Xustiza ou os Gobernos.
Só a unidade dos cidadáns libres pode deter esta decadencia e evitar o desastre. Se o voto fose libre bastaría con non votar ao PP, PSOE e BNG. ¡Así de fácil!
PP, PSOE e BNG son os partidos que en Vigo contribuíron á aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, ilegal, insostible, antidemocrático e inviable, logo de case unha década de tramitación.

O TS cambia a súa doutrina e rexeita dar licenzas nos plans anulados
O Supremo sinala que os concellos deben ter en conta fallos de tribunais inferiores

A nova lei do solo regularizará as vivendas ilegais e permitirá amplialas
Ata agora, as construcións que levan máis de seis anos na ilegalidade non poden ser derrubadas, pero o seu dono só pode facer obras menores

A amnistía Javier Sánchez de Dios............. Presuntos culpables Antonio Ojea

1 comentario:

corrupción politica dixo...

Mientras los grandes beneficiados huyen y han huido con sus botines a los paraisos fiscales y la presión fiscal para ellos se vuelve super-blanda, se van vaciando y endeudando los fondos públicos que acabaremos pagando entre la gran mayoría de productores.¿ Y cómo lo pagaremos? Rebajando el importe de las pensiones, las coberturas sociales, la gratuidad de la enseñanza pública, etc.....
El paro no puedes dejar de subvencionarlo cuando tienes cerca de un 20% de la población activa sin empleo. ¿Qué hacemos? ¿Que se mueran de hambre los parados mientras subvencionamos a los empresarios para que creen empleo? Me parece bien que el Gobierno apueste por medidas de creación de empleo que beneficien a las empresas, pero de momento hay que salvar con subvenciones esta situación desesperada para muchos. ¿Tú crees que el PP iba a dejar desamparados a los 4 millones de parados sin una sola ayuda? Imposible. Y si el PP va a retirar las ayudas al paro, no lo va a votar ni Aznar. Eso no puede hacerlo ningún gobierno sin provocar una revuelta en un país. Que hay que acordar con los sindicatos subvencionar a los más necesitados, es obvio. Que al mismo tiempo hay que reunirse con la CEOE y activar políticas agresivas de creación de empleo, también. Una cosa no excluye a la otra. Espero que este gobierno haga las dos cosas y no se deje guiar por la propaganda fácil.