martes, 1 de setembro de 2009

CONTROLAR A CHOIVA PARA SANEAR AS RÍAS

Medio Ambiente aposta por arranxar a rede de augas residuais fronte ás depuradoras para solucionar a contaminación

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas púxose a contar puntos de vertedura de augas nos ríos, rías, lagos e ribeiras dos 157 municipios que conforman a demarcación Galicia-Costa -na que o Goberno autónomo ten competencias- e sáenlle, polo menos, 7.000. Deles, máis de 2.600 son prioritarios polo seu constatado carácter contaminante. O Plan de Control de Verteduras de Augas de Galicia comeza cos labores de inspección e identificación dos puntos de vertedura causados, na súa maioría, por deficiencias nas redes de saneamento -conexións erróneas, verteduras puntuais de alivios, carencia de sistemas de saneamento ou de depuración-, polo que os responsables de Medio Ambiente e Augas de Galicia, apostan por atallar o problema desde o principio: "Nós cremos que o problema está no punto inicial da rede de saneamento".
O titular de Medio Ambiente considera que o plan que o bipartito puxo en marcha para ampliar e mellorar (ademais de construír) as estacións depuradoras de augas residuais nos núcleos de máis de 2.000 habitantes -como obrigan as directivas da Unión Europea- foi un "fracaso" no que se implantaron "sen máis" sistemas de eliminación bacteriológica nas saídas das depuradoras. Hernández asegurou o pasado mes de xuño que 12 das 19 rías galegas non cumpren a directiva europea de tratamento de augas residuais e industriais e das 17 actuacións de urxencia activadas polo bipartito para eliminar a contaminación bacteriológica, dúas non chegaron a funcionar, cinco están fóra de uso e as 10 restantes presentan serias deficiencias.
No único en que avanzou o sistema da anterior Xunta, foi en causar "un gasto moi importante á administración autonómica e un resultado máis ben escaso, posto que neste momento a realidade das rías é peor que en 2005". "Algo fallou, e o que fallou foi precisamente que o problema está no punto inicial da rede de saneamento, no sentido de que hai moita auga das choivas que se incorpora á rede, é o caso de Concello de Vigo". A presidenta de Augas de Galicia incide en que a cuestión "non é facer moitas depuradoras, senón tanques de tormenta", grandes depósitos de auga que acumularán as primeiras choivas para que non se colapsen as plantas. Vázquez explica que esta primeira auga de choiva é contaminante, pero satura as depuradoras, polo que será labor dos tanques de tormenta retela para ir dosificando a súa limpeza.
As redes de saneamento galegas, que son responsabilidade dos concellos, son, na súa maioría, unitarias, é dicir, non separan as augas residuais das pluviais, polo que cando chove demasiado provocan que as depuradoras se desborden e vertan as súas augas. A pesar de que a maior parte dos puntos de vertedura contaminantes que se localizaron ata agora, uns 1.757, teñen orixe municipal debido ao "escaso control" dos concellos á hora de "obrigar a conexión" ás redes de saneamento, a política de Augas de Galicia será "de colaboración" e non sancionadora. Así, dedicaranse seis millóns de euros a que "moita xente faga traballo de campo" para inspeccionar, localizar, realizar analíticas e controlar todos os puntos de vertedura de Galicia-Costa. Despois, comunicarase aos concellos e proporánselles actuacións para emendalos, que correrán a cargo dos municipios. A Xunta poderá colaborar nas que sexan de interese xeral, pero como a responsabilidade das redes secundarias é dos concellos, serán eles os que carguen cos arranxos dos puntos de vertedura.
Este é o primeiro paso do Plan de Control de Verteduras, ao que se dedicarán nos próximos 36 meses 37 millóns de euros, e que está incluído no Plan de Infraestruturas Hidráulicas, polo que se investirán máis de 390 millóns de euros cun único obxectivo: que no ano 2015 estean saneadas as rías e augas de Galicia.
O inventariado dos puntos de vertedura, nos 128 municipios que se revisaron polo momento, suma xa 7.073, un 37% delas -un total de 2.617- contaminantes. Os concellos son responsables de 1.757 destes puntos de actuación prioritaria, mentres que, polo momento, localizáronse un total de 452 verteduras de orixe particular, que superan aos orixinados polas industrias, dos que se contabilizaron 349 puntos. Outros 59 verteduras contaminantes teñen unha orixe descoñecida.

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

RESUMEN DEL INFORME DE GREENPEACE

La costa gallega está sufriendo uno de los peores procesos degenerativos de todo el litoral español. Los años de desidia en su
cuidado, traducidos en episodios de contaminación tanto por tierra como por mar han sido sustituidos por una nueva tendencia:
llenar su litoral de cemento en
forma de puertos deportivos y permitir la construcción de un gran número de viviendas en su litoral acompañadas de campos de golf con el respaldo de la Xunta
de Galicia. El papel del Ministerio de Medio Ambiente parece contribuir a esta tendencia,
ya que durante el último año se ha
autorizado un gran número de obras en la costa que contribuyen a alterar de forma irreversible las características naturales
de este tramo de litoral atlántico.
La transformación que está experimentando la Costa da Morte tras la catástrofe del Prestige evidencia el poco valor que
las administraciones dan a la conservación y recuperación de un litoral único por sus características naturales. Cada
día surgen nuevos proyectos de construcción, se crean nuevos viales en zonas vírgenes o se construyen puertos deportivos, pero no se invierte en acabar
con la contaminación provocada por la falta de depuradoras.
Uno de los ejemplos más dramáticos de la situación de las costas gallegas es el de la Ría de Vigo; acosada por vertidos industriales,
reconversión de áreas de su litoral
en suelo industrial, con graves deficiencias en el sanemiento de las aguas residuales que recibe a diario, construcción de grandes espigones y diques y la realización de dragados para instalar puertos deportivos. La pasividad de las autoridades
locales y autonómicas estimula la
destrucción de este ecosistema litoral y,con él, la riqueza económica y ambiental
asociada.
El futuro de la costa gallega pasa por el compromiso de administraciones, empresas
y ciudadanos con su cuidado y su
futuro. De continuar la tendencia actual,estaremos asistiendo a la destrucción de uno de los litorales más bellos y salvajes
de toda la península.