martes, 27 de outubro de 2009

A NOVA REFORMA DA LEI DA PESCA, SALTOUSE O DITAME DO CONSELLO ECONÓMICO

O informe do consultivo CES difundido o venres, critica con dureza e acusa á Consellería do Mar de que o informe que enviou o día 15, foi un borrador que nada tiña que ver co anteproxecto en firme
A Xunta de Galicia e a Consellería do Mar liderada pola popular Rosa Quintana, fixo caso omiso á lexislación vixente, aprobando a Reforma da Nova Lei de Pesca sen o ditame preceptivo do Consello Económico.
O informe difundido polo consultivo CES, critica con dureza e acusa á Consellería do Mar de que o informe que envión o día 15, foi un borrador que nada tiña que ver co anteproxecto en firme e que é o que debemos ditaminar, tal e como marca a lexislación vixente, afirman.
Este organismo, non se corta e acusa abertamente o abuso que fai a nova Xunta Gobernada polo PPdeG, dos Trámites de Urxencia, saltándose desta forma a legalidade vixente e advirte que este trámite debería reservarse só para aqueles casos que realmente o xustifiquen.
A Consellería do Mar, Rosa Quinta desmente ao do Consello Económico, é insiste en que o que enviaron foi o Anteproxecto.
Tamén carga con dureza sobre as iniciativas de Rosa Quintana acusándoa de suprimir tres apartados do Artigo 8 da Lei de Pesca impulsada por Carmen Gallego e a conformidade do cento por cento do sector.
Así quedarían eliminadas as zonas de produción e comercialización dos produtos que se extraen, creando a xuízo do CES, inseguridade xurídica e deixan ao libre albedrío a venda de especies, podendo entrar libremente e sen ningún control os produtos da cadea paralela de importación arruinando por completo ao sector pesqueiro galego.
Os sectores máis representativos xa informaron que lla acelerado a reforma para evitar a posible valoración da mesma por UXT e CCOO, etc.

Ningún comentario: