venres, 30 de outubro de 2009

O PP OURENSÁN FAVORECEU AUN EDÍL AO RECALIFICAR UN PARQUE NATURAL

O Concello de Ourense transformouno en solo urbano

O goberno do PP do Concello de Ourense recalificó como solo urbano non consolidado, no plan de 2003, unha parcela de Oira catalogada como parque natural no plan anterior e que tiña ademais protección arqueolóxica, xa que na súa metade Sur atópase o Castro de Oira.
A decisión do goberno local presidido por Manuel Cabezas e do que era concelleiro de Urbanismo o actual portavoz do PP e deputado autonómico Enrique Nóvoa, favoreceu os intereses da familia do tamén concelleiro do grupo de goberno, e responsable de Persoal, Francisco Javier Rodríguez Nóvoa. Tamén os da promotora Maexpa, á que a institución autorizou a edificar nesa zona mil vivendas.
Segundo consta na sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Ourense, os pais e o irmán do concelleiro venderon as parcelas a Maexpa. Pese ao parentesco, o edil non se ausentou da comisión e votou a favor da modificación da cualificación urbanística que favorecía a operación entre os seus familiares e a promotora.
Non é a única irregularidade que recolle a sentenza. A xuíza sostén que o goberno municipal do PP autorizou a aprobación dos estatutos e as bases de actuación para a xestión urbanística desa parcela a pesar de que a inmobiliaria non conseguiu acreditar que tiña o 50% da superficie do polígono, unha condición necesaria e "esencial" para aprobar os estatutos da xunta de compensación.
Rodríguez Nóvoa non só favoreceu os intereses da súa familia, senón os seus propios. Segundo consta en polo menos unha escritura de compravenda, o edil era tamén titular, xunto co seu irmán e os pais de ambos, dunha das leiras vendidas a Maexpa. Algún dos títulos de propiedade da da familia Rodríguez Nóvoa datan do ano 2000, segundo consta na documentación en poder dos demandantes. O plan de urbanismo de 2003 empezouse a redactar en 1998 e aprobouse inicialmente en 2002.
A operación urbanística que agora anulou a Xustiza foi xa paralizada fai case dous anos polo goberno de PSOE e BNG, aínda que por outros motivos. Socialistas e nacionalistas xa denunciaran no seu día o planeamanto completo aprobado en 2003 polo PP. Pero á súa chegada ao Concello, o bipartito suspendeu o desenvolvemento urbanístico desa área de repartición de Oira ao comprobar que o plan urbanístico expuña o trazado do AVE polo medio da cidade, dividíndoa en dúas. O novo goberno local acordou en xaneiro de 2008 co Ministerio de Fomento que o AVE discorrese por fóra da cidade. A decisión supuxo multiplicar o investimento inicial, que pasou de 60,1 millóns de euros a 570 millóns, pero para acceder á Estación Empalme, o novo trazado atravesa a parcela de Oira recalificada polo PP para autorizar a construción das mil vivendas.
Desde que PSOE e BNG modificaron o trazado da alta velocidade, anulando o proxecto urbanístico nesa parcela, o grupo popular apoiado pola Confederación de Empresarios e a Cámara de Comercio non ha cejado na súa demanda de que o AVE pase soterrado pola zona da Ponte. Nese caso, a edificabilidade anulada na parcela de Oira volvería estar autorizada, confirma o goberno local.
O grupo de goberno sostén que o soterramento non é adecuado e reprocha ao PP a súa "constante mestura dos intereses persoais e os institucionais".
El Pais

1 comentario:

Anónimo dixo...

Todos los mangantes al trullo sea del partido que sea. . .