xoves, 29 de outubro de 2009

A INTIMIDADE DOS CORRUPTOS

"Preocúpame moito a percepción social que poida existir entre a cidadanía polos casos de corrupción" -Javier Rojo, presidente do Senado-

Colguei na parede un mapa de España onde vou picando banderitas en cada concello, deputación ou comunidade onde aparece un caso de corrupción, como aqueles avós que seguían o curso da guerra nun mapa. Nos últimos días, entre Gürtel, Millet, Baleares e concellos varios, as banderitas pisábanse unhas a outras e tiven que cambiar o mapa por outro maior.
O seguinte paso no meu xogo político foi unir os casos a partir de elementos coincidentes entre eles. Dependendo de se a relación é máis ou menos directa, uso fíos de diferentes cores. Nalgúns casos coinciden os corruptores, noutros os corrompidos. Ás veces aparecen relacións de segundo ou terceiro grao, pero ao final aparecen. Aos poucos vou trazando unha telaraña tupida, que tapa cada vez máis mapa.
Imaxino que coñecen a teoría dos "seis graos de separación". Xa saben: todos os humanos estamos conectados por unha distancia de non máis de seis pasos. Calquera de nós está conectado con Obama ou o Papa mediante coñecidos entre medias que acaban coincidindo. Son amigo dun tipo que é amigo dun sacerdote que coñece a un bispo que se reuniu varias veces co Papa. Non se se a teoría é rigorosa ou unha paparrucha, pero dá xogo.
No caso da corrupción que percorre o país e que vai saíndo a golpe de denuncia, investigación ou vinganza política, dáme que os graos de separación son bastantes menos. Sexa por vínculos entre empresarios que pagan mordida, ou entre gobernantes que pon o cazo en administracións diferentes pero que acaban sentados na mesma executiva, seguramente o mapa da corrupción é máis íntimo do que parece. Como unha gran familia. Ou un sistema.
Isaac Rosa

Ningún comentario: