martes, 10 de novembro de 2009

O TRIBUNAL DE CONTAS PARA QUE SERVE?

Andamos todos os cidadáns coa moral política polo chan ante as noticias de corrupción que saltan aos medios de comunicación un día si e outro tamén. Primeiro produciuse incredulidade, logo manifestouse o enfado, máis tarde empezamos a pensar sobre que podiamos facer e finalmente, sentimos unha certa desmoralización e impotencia ante esta secuela da corrupción na política. Eu seguín o mesmo percorrido. Pero, de súpeto, acórdome que existe o Tribunal de Contas e pregúntome ¿para que serve o Tribunal de Contas?
Existe un Tribunal de Contas de España e, ademais, hai órganos parecidos nas CC.AA. que teñen esa competencia. Por exemplo, en Cataluña.
O Tribunal de Contas de España revisa as contas do Estado, das CC.AA. e de todos os concellos. Repito, sempre que esas CC.AA non teñan un Tribunal ad hoc.
Quere isto dicir (por exemplo) que todas as contas dos concellos corruptos foron revisadas por uns expertos en contabilidade e en legalidade. E alguén puxo a súa firma dando a conformidade a esas contas co selo de tan altas institucións.
Teño datos de que o nivel de capacidade profesional dos funcionarios do Tribunal de Contas é moi bo tanto no legal como no contable. Digo máis, a Audiencia Nacional conta con menos recursos profesionais que o TCE. Entón, por que ¿ninguén se acorda do TCE cando chove corrupción nas catro esquinas de España?
Pois porque ninguén se cre que os últimos responsables do TCE poidan tomar decisións condenatorias contra ninguén, porque eses últimos responsables son nomeados e representan aos partidos políticos.
Iso de que hoxe che cacei nunha irregularidade, pero non che denuncio para que ti non me denuncies se algún dos meus sáese do honorable, existe.
Volvo chamar a atención aos cidadáns indignados: o Tribunal de Contas (TCE) sabe o que pasa, pero os seus responsables políticos non queren que ninguén condene a ninguén. Polo si ou polo non.
Teriamos que iniciar unha auténtica campaña de apoio ao TCE (e aos seus equivalentes autonómicos): eles teñen as contas, eles analizan as contas, eles anotan as irregularidades, pero a eles non lles deixan facelas públicas.
O TCE ten compartida con outras institucións o papel de fiscalizar, pero -atención- é o único que pode axuizar.
Polo que coñezo do TCE, este Tribunal podería ser máis eficaz na loita contra a corrupción que a Audiencia Nacional. Se lle deixasen. ¿Quen ten que soltar as rendas a unha institución que podería refrescar a pesada atmosfera política? Pois, os partidos políticos.
Imos a non enganarnos: se o PSOE e o PP aceptasen que o TCE funcionase de verdade, habería menos presos e máis decencia.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

¿EL TRIBUNAL DE CUENTAS SON CORRUPTOS?
Oh, no se preocupen,la ventaja de tener un tribunal de cuentas es que así no hace falta crear un órgano inútil, inservible y sólo útil para tapar las corruptelas propias: en éso tienen experiencia los socialistas creando consejos de la Guardia Civil o ministerios de la vivienda.

Pero al fin y al cabo, ¿que esperamos? estoy convencido que del mus antiguo con el cura, el alcalde, el boticario y el Guardia Civil, hemos pasado al inspector de cuentas, al inspector de trabajo, al inspector de sanidad y al inspector de hacienda jugando al mus en un apartado rincón, a ser posible, uno donde no se vea mucho que se pasan la vida sin dar palo al agua.

¿Para qué queremos un tribunal de cuentas? pues para cerrar el chiringuito al que nos haga sombra, y poco más, como también tenemos al resto de la inspección del estado, especialmente la de trabajo, para mirar al tendido y cerrar aquellos chiringuitos que no nos sean afines, léase la vieja Rumasa o el nuevo fórum filatélico.

Acordarse de que algfunos no trabajan en un país donde el término ”inspección” y” trabajo” rara vez van juntas, y cuando lo hacen el titular es el inspector clouseau.

Organos fiscalizadores, como el Tribunal de Cuentas, tienen que ir de la mano o en paralelo,con la Justicia, con la Justicia Democrática, con el Civismo que toda sociedad que se precie debe de tener como estandarte.

Voltaire-Vigo dixo...

La justicia estaba verde y la comió el burro... ¿Non sí?