luns, 23 de novembro de 2009

PXOM DE LUGO SEN APROBACIÓN DEFINITIVA

ORDE DO 13 DE NOVEMBRO DE 2009 SOBRE APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE LUGO (LUGO).

O Concello de Lugo eleva, para a súa Aprobación Definitiva, o expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal, de conformidade co previsto no artigo 85.5 da LOUG, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
I. ANTECEDENTES
1.- O planeamento vixente no concello de Lugo é o Plan Xeral de Ordenación Urbana, Aprobado Definitivamente por Orde da COTOP do 27 de decembro de 1990.
2.- O presente documento foi obxecto de Informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, previo á súa aprobación inicial, en data 15 de abril de 2005.
O Pleno da Corporación municipal aprobou inicialmente o PXOM o 26 de xaneiro de 2006; someteuno a información pública regulamentaria, e solicitáronse informes sectoriais.
Os técnicos e xurídicos municipais emitiron informes previos á aprobación provisional de 23/01/09: Arquitectura (16/12/09 e 19/01/09), Urbanismo (16/12/08) e Secretaría. (15/01/09).
3.- En cumprimento da lexislación sectorial, solicitáronse e emitíronse os seguintes informes:
a) En materia de estradas, a Demarcación de Estradas do Estado emitiu informes favorables condicionados en datas 15 e 23 de outubro de 2008.
A Dirección Xeral de Obras Públicas desta Consellería, informe favorable condicionado de data 24 de outubro de 2008.
b) En materia de augas, informe favorable condicionado de data 1 de setembro de 2008 da Confederación Hidrográfica do Norte.
c) En materia de patrimonio cultural, informes desfavorables emitidos en datas 26 de febreiro de 2007 e 13 de outubro de 2008, respectivamente.
d) En materia de telecomunicacións, informe de data 7 de marzo de 2006 pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
e) Resolución de 16 de abril de 2009 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible sobre a inviabilidade do sometemento do PXOM ós trámites previstos no artigo 7 da Lei 9/2006, condicionada á integración no documento das condicións impostas na citada Resolución.
Consta certificación do Secretario Xeral do Pleno de non recepción dos informes dentro do prazo legal da Deputación, os Mº de Fomento e Defensa, e a Consellería do Medio Rural.
II. CONSIDERACIÓNS E FUNDAMENTACIÓN
Unha vez analizado o documento, e vista a Proposta literal elevada pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, cómpre facer as seguintes consideracións:
De conformidade co artigo 89 da LOUG, e co artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos Plans Xerais de Ordenación Municipal lle corresponde ó Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
RESOLUCIÓN:
Visto o que antecede, RESOLVO,
1º.-
Non outorgar a Aprobación Definitiva, de acordo co punto 5.b) do artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, ao Plan xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lugo.
2º.- O Concello deberá elaborar os documentos corrixidos precisos para emendar as deficiencias sinaladas no corpo desta Orde, e os elevará, logo dos trámites oportunos, a esta Consellería para a súa Aprobación Definitiva, remitindo ao efecto o expediente administrativo debidamente dilixenciado.

Ningún comentario: