domingo, 1 de novembro de 2009

UN 19,6% DOS ESPAÑOIS ATÓPANSE POR BAIXO DO LIMIAR DA POBREZA RELATIVA

Un 30% dos fogares non pode permitirse ningún gasto imprevisto, segundo a Enquisa de Condicións de Vida. A asistencia aos comedores sociais incrementouse de forma moi importante coa crise. En Estremadura, un 38,4% da poboación vive nesta situación. O 27,6 % de persoas con máis de 65 anos sofren pobreza. Un 5,3% dos fogares non pode quentar a casa.

A crise económica é algo máis que intensos debates no parlamento. Iso é algo que poden ter claro todas aquelas persoas que viven por baixo do limiar da pobreza relativa. Non fai falta buscar pobres en desertos afastados: segundo a Enquisa de Condicións de Vida (ECV) publicada hoxe polo INE o 19,6% dos españois vive por baixo do nivel de pobreza relativa.
Segundo este informe, en 2008, ao redor de 9 millóns de españois viviron e viven por baixo do 60% dos ingresos medios do país. Aínda que hai zonas do país onde a situación é aínda peor. A España plural éo en moitos aspectos.
En concreto, un 38,4% dos estremeños sitúanse por baixo deste limiar; e en Andalucía a situación non é moito mellor: un 28,9% da poboación atópase nesta situación, segundo a Enquisa.
No outro extremo atópanse Navarra e País Vasco, que cun 6,5% e un 8,5%, respectivamente, son as comunidades coas taxas de pobreza máis baixas. No medio pódese destacar os limiares de Madrid (14,5%), Valencia (20,2%) ou Cataluña (12,8%).
Tamén é digno de sinalar a que sectores da poboación afecta máis esta pobreza. Un 27,6% das persoas de máis de 65 anos atópase por baixo desta marxe, e tamén un 24% dos nenos de menos de 16 anos.
Pero existen outras formas de medir a pobreza, e observar a situación das clases medias é facer unha boa radiografía da calidade de vida dun país.
A ECV mostra como cada fogar recibiu uns ingresos medios de 26.010 euros, o que a pesar de ser un 0,6% máis que o ano anterior, tradúcese nalgúns datos moi representativos.
En 2008 un 30% dos fogares non poderían permitirse ningún gasto imprevisto e que 1 de cada 3 familias non pode irse de vacacións, tamén cabe dicir que un 5,3% dos fogares nin tan sequera pode manter unha temperatura cálida na casa durante os meses fríos.
Capitalismo salvaxe
Que as clases máis desfavorecidas son as que están pagando as consecuencias da crise é algo obvio. Como é obvio que a crise causouna o ansia desaforada de enriquecemento duns poucos que fixo crebar o sistema financeiro. Como consecuencia, os créditos conxeláronse, a banca protexeu as súas interese e os máis desfavorecidos non teñen acceso ao crédito. Nada novo baixo o sol. Sempre que o capitalismo entra en crise os pobres pagan a factura. Que non nos veña esta dereita neocon con receitas máxicas que xa coñecemos dabondo o que queren. Abaratar o despedimento para favorecer aos empresarios, baixar os salarios e ter unha masa crítica de desempregados que son unha bolsa de traballadores de baixo custo sempre disposta a aceptar as súas condicións draconianas. O capitalismo salvaxe mostra as súas fauces. E Rajoy é só un pobre infeliz, unha marioneta manexada polo gran capital para lograr os seus fins. E o moi bobo, encima, crello.
Corrupción política
30 anos levamos de corrupción neste pais, políticos, xuíces e empresarios, saquean as arcas do estado, das autonomías, diputacións e concellos e a xustiza non se decata, bo... non quere decatarse, ninguen quere ver o que pasa e a pobreza vai en aumento.
Algo cheira a podrecido. Como os cidadáns non castiguemos a corrupción este pais pronto se parecerá a unha republica bananera, de feito vai en camiño.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Aunque parezca mentira esta izquierda no es justa.hay un gran grupo de españoles que no aparecen nada más que en los foros de la miseria. Este gobierno con un monton de ministerios casi sin competencias,porque están transferidas,debora miles de millones en salvas y cohetes. Los cargos publicos cobran los euros a espuertas mientras tanto ya veis. otros hermanos nuestros casi se mueren de hambre. a la hora de sacar barriga Zapatero dice ser el primero para salir en la foto hacia el exterior. Mientras tanto en españa en España cada vez sube más el numero de pobres. en definitiva la gran fachada y el interior lleno de telarañas.Estos articulos os ennoblecen y os dan categoria humana.