martes, 19 de xaneiro de 2010

SEGUE A CORRUPCIÓN EN CANARIAS

Canarias deixará sen protección a máis de 300 especies para facilitar proxectos urbanísticos

PP e Coalición Canaria a contrarreloxo para impor a súa lei sen oír a científicos e ecoloxistas

Un total de 226 especies perderán o status de protexidas e 131 verán rebaixadas a súa cobertura, se chega a aprobarse a proposición de lei que o Goberno canario, formado polos populares e Coalición Canaria, intenta tramitar con carácter urxente nesa Comunidade e que ten como fin eliminar obstáculos ecolóxicos que paralizan proxectos urbanísticos.
A pesar das protestas de científicos e de grupos ecoloxistas, só 94 especies conservarán o seu status de protexidas, pero dunha forma que os expertos cualifican de "irracional e perversa", posto que só velará pola planta ou o animal que estea dentro dun espazo elixido para ese fin.
Onde está o consenso científico?
O carácter urxente co que o Goberno canario de Paulino Rivero promove a súa iniciativa provocou un malestar engadido no Grupo socialista, que considera inaceptable intentar conseguir cunha prema inxustificada un asunto que esixe o consenso da comunidade científica. Para a deputada socialista Guacimara Medina "estas présas non teñen nada que ver cos intereses cidadáns, nin cos das especies ameazadas", e esixe a retirada da proposta porque "non cabe mellorala" ante a súa falta de rigor científico.
A trampa de "proposición"
Medina reclama ademais que se presente como "proxecto de lei" e non como "proposición", fórmula que, segundo a deputada, foi elixida polo Goberno canario para evitar a participación cidadá e os informes técnicos independentes.
O director do Medio Natural da Consellería de Medio Ambiente de Canarias, Francisco Martín, defende o rigor científico do novo catálogo autonómico, baseado no Banco de Datos (Proxecto Biota) que xestiona o propio Goberno canario.
As regras que conveñen
Aurelio Martín, profesor de Zoología da Universidade da Lagoa, cre que o verdadeiro problema está nos criterios cos que se elaboran os inventarios e informes, xa que son regras establecidas por eles mesmos.
380 millóns por 367 especies
A iniciativa apurada do Goberno canario parte do seu interese en determinados proxectos urbanísticos, segundo fontes consultadas polo País, entre eles un macroproyecto cun investimento de 380 millóns de euros no porto de Granadilla, ao sur de Tenerife, cuxas obras foron paralizadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Canarias (TSJC), en marzo de 2009, por pór en perigo os sebadales: fanerógamas que conforman auténticas praderías mariñas.
O conselleiro de Medio Ambiente
Ecoloxistas en Acción fixeron responsable ao conselleiro canario de Medio Ambiente, Domingo Berriel, que xa foi imputado fai anos por delito ecolóxico cando era director de Obras Públicas, ao dar o visto e prace a un Plan Parcial no Cotillo que destruíse unha das zonas virxes de Fuerteventura onde habita a avutarda hubara, especie en perigo de extinción á que a proposición de lei do Goberno canario tamén rebaixa a súa protección.
Carta ao presidente canario
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) advertiu, a través dunha misiva ao presidente do Goberno de Canarias, Paulino Rivero, de que non se pode aprobar un novo catálogo de especies protexidas autonómico "sen esperar a que un comité científico nacional finalice o novo estatal", pois este feito "vulnera a Lei de Conservación do Patrimonio Natural e a Biodiversidade".

2 comentarios:

Anónimo dixo...

La corrupción arrecia también en canarias

Los jueces comienzan a poner su punto de mira también en Canarias, algo esperado pero no por ello previsibele, dado el silencio que reina en las Islas respecto a los políticos corruptos que las manejan. Una pequeña reflexión y análisis de un fenó…

Anónimo dixo...

El PP-FRANQUISTA ya se ha cargado todo el litoral de la península y ahora, aprovechando que gobiernan en Canarias, junto a los nacionalistas canarios que son tan de DERECHAS como ellos, piensan cargarse el litoral insular canario, no les importa que las generaciones venideras tengan un marco NATURAL para disfrutar del ARCANO de la creación, les importa UN HUEVO, lo único que les interesa es ganar MUCHISIMO DINERO con el cemento y el ladrillo.