xoves, 25 de febreiro de 2010

80 MILLÓNS

Tras abrirnos paso a machetazos polo interior dunha selva de palabras á que non chegaba nin a luz do sol, pareceunos entender que a solución á crise pasa por facer reconto de canto posuímos (o noso salario, o noso paro, a nosa xubilación, o noso piso, o noso coche, a nosa Seguridade Social, os nosos aforros), para valoralo á baixa. Como non é posible devaluar a moeda, será preciso devaluar todo o demais, incluída a autoestima. Onde criamos que tiñamos cen, deberemos aceptar que temos setenta. Quen medían 1,80, terán que conformarse con 1,50. Quen comían en restaurantes de corenta farano ata nova orde en tascas de dez. E así de forma sucesiva ata regresar ao tamaño anterior, do que quizá, como do noso pobo, non deberiamos saír. Pero non todo diminuirá. Se vostede debía mil máis os intereses, continuará debendo mil máis os intereses (débeda á que terá que engadir os intereses dos intereses). Parecería lóxico que se o seu piso vale agora un 20% menos que cando o comprou, a hipoteca reducísese nunha porcentaxe similar. Pero non intente vostede introducir a lóxica onde impera a explotación.
Non nos enganemos, pois. Debaixo de todos eses discursos enmarañados só latexa unha pregunta: a quen empobrecer para recuperar o noso tamaño verdadeiro? A quen recortar as pernas, os salarios, as pensións, os medicamentos, o ensino? Trátase, como ven, e por moitas palabras que se coloquen sobre o asunto, dunha decisión ideolóxica. Neste país hai moito, moitísimo diñeiro, xa que a acumulación de capital foi obscena durante os anos da burbulla. Pero está concentrado nunhas poucas mans. Déixense de discursos e digan canto van pór do seu peto, neste duro regreso á realidade, eses señores que se xubilan con 80 millóns de euros.

1 comentario:

UN GALEGO dixo...

Hay quien dice aquí que cada uno tiene derecho a cobrar lo que vale su trabajo, pero cobrar cinco millones de euros y jubilarse con ochenta con la que está cayendo es una inmoralidad. Su trabajo no puede ser más difícil que el de un presidente de gobierno, que ¿cuanto cobra? ¿2000.000 mil al año? Esto es un insulto a los cuatro millones de parados de este país, situación en la que los bancos tienen mucho que ver al cerrar el grifo de los créditos a las empresas y en toda esta crisis que han generado con sus poductos financieros de mierda.
Lo de siempre, unas reglas para el rico y otras para el pobre; para el rico todos los honores y derechos, para el pobre a ajustarse el cinturon por que seria irresponsable jubilarse como si fuera banquero, ni modo que fueramos a desequilibrar la macroeconomía con propuestas socialistoides, cuentas individuales por que la seguridad social es una lacra que lastra la productividad de las empresas.