domingo, 21 de febreiro de 2010

OS ESCÁNDALOS QUE AFECTAN AO PP

Camps culpa das súas contas ao PP de Rajoy-Os populares valencianos explican ao Tribunal Superior de Xustiza que o financiamento do partido, baixo sospeita, a controlaba a dirección nacional

O financiamento do PP valenciano, baixo sospeita por mor da desarticulación da trama de corrupción masiva que dirixía Francisco Correa, estivo baixo control da dirección nacional do partido no período investigado pola xustiza, que coincide cos mandatos de José María Aznar e Mariano Rajoy. Polo menos iso é o que explicou o actual número dous do PP valenciano aos xuíces do Tribunal Superior que instrúen unha querela por financiamento ilegal.
Antonio Clemente, substituto de Ricardo Costa á fronte da secretaría xeral do PP valenciano, remitiu ao Tribunal Superior de Xustiza de Valencia un escrito no que lle comunica que esta formación non cubrira o cargo de tesoureiro ata outubro de 2008 e, mentres tanto, sometía os seus ingresos e os seus gastos ao control da dirección nacional do partido.
Por se non quedase claro, o secretario xeral do PP valenciano explica que "na documentación contable non ten participación cargo algún da estrutura rexional (Presidente, Secretario Xeral ou Vicesecretarios) sendo a documentación elaborada por persoal de administración que depende dos órganos centrais do PP nacional, sendo o PP nacional o único titular das contas bancarias de uso ordinario do Partido Popular da Comunidade Valenciana".
Un informe policial da Brigada de Branqueo baseado en documentos oficiais e conversacións intervidas por orde xudicial sostén que o PP valenciano financiouse ilegalmente durante anos coa axuda da empresa Orange Market, a firma levantina da trama corrupta de Correa.
Os cargos valencianos do PP aseguran que o control dos ingresos e gastos, que agora investigan os xuíces, correspondía á dirección nacional do partido que presidía entón José María Aznar e agora Mariano Rajoy e cuxas contas xestionaron primeiro Álvaro Lapuerta (tesoureiro ata xuño de 2008) e despois Luís Bárcenas (ex xerente e ex tesoureiro do partido, suspendido das súas funcións por este caso de corrupción que lle salpica).
O informe policial intenta probar como os principais dirixentes do PP valenciano estaban ao tanto desas prácticas ilegais, consistentes nunha dobre facturación de actos do partido, unha con factura e IVE e outra con diñeiro negro que escapaba ao control do fisco -ata seis millóns de euros, segundo a documentación intervida na sede de Orange Market-. Algunhas empresas contratistas da Administración valenciana pagaban a Orange Market por servizos non prestados para financiar actos que organizaba a empresa da trama corrupta para o partido de Francisco Camps.
Decenas de conversacións gravadas a Álvaro Pérez, O Bigotes, xefe de Orange Market, acreditan a relación deste con distintos responsables políticos do PP valenciano a conta do financiamento do partido, das débedas que quería cobrar e dos sospeitosos mecanismos para facelo. Nesas conversacións nunca apareceron dirixentes do PP nacional, a pesar do que conta Clemente no seu escrito ao xuíz respecto ao control das contas por parte do aparello central do partido.
As conclusións da policía levaron aos socialistas valencianos a presentar unha querela e ao Tribunal Superior de Xustiza de Valencia a requirir documentación aos acusados para resolver se admitía a trámite a denuncia e abría unha investigación.
A Xunta Electoral Central tamén informou ao Tribunal Superior de Xustiza de que o administrador único do PP para a Comunidade Valenciana nas eleccións locais de 2007 e as europeas de 2004, cuxos gastos están baixo sospeita, era Luís Bárcenas, ex tesoureiro nacional do PP, nomeado por Mariano Rajoy no último congreso desta formación e senador por Cantabria.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Es evidente que hay corrupción, tanto en el PP, el PSOE y otros. Por ser los partidos mayoritarios.
Los políticos de este país en mayor o menor medida: "trincan", "guindan", "choricean" , llamadlo X. Y es evidente que en tiempos de elecciones es interesante o puede serlo sacar los trapos sucios del contrario para sacarles rentabilidad política. Además con que sea un rumor o un sumario mal instruido como el que está protagonizando el juez Garzón pues ancha es Castilla.
Mientras y esto es lo grave, el paro sigue, la vivienda está por las nubes, la inmigración va a convertirse en un problema por la falta de trabajo, etc.
Vosotros mismos, pero no es tema de derechas o de izquierdas, de PP o de PSOE, es un problema de honestidad y de un sistema putrefacto, en el que jueces, fiscales, políticos, contructores que untan y demás tontos peligrosos, manejan la vida del contribuyente.
Ale! seguid riendo las gracias al partido político del que seáis simpatizantes, y seguid pagando a esta pandilla de "triperos" que así nos luce el pelo a todos.

Anónimo dixo...

Creo que sería más fácil para saber quienes son los corruptos investigar los "asombrosos" e "increíbles" aumentos de patrimonio de algunos políticos y de su entorno.
¿Me puede explicar alguien de dónde ha salido la inmensa fortuna del sr. Alejandro Agag? ¿Por qué salen socios e,incluso, testigos de su boda implicados en tramas de corrupción? ¿Por qué se va a vivir a Londres a pagar impuestos allí, no eran los del PP los patriotas?

La derecha de este pais deberia dar un ejemplo de grandeza democratica
limpiando el partido de golfos y chorizos, Sr Rajoy no se puede deslegitimar a las instituciones de la manera que Vd lo hace no es noble ni de recibo,Vd no tiene valor moral pidiendo dimisiones cuando no es capaz de destituir a todos los golfos que le rodean para dar una mejor imajen de un partido que en su dia fue gobierno y legitimamente pretender serlo.LIMPIE SU PARTIDO PRIMERO PARA TENER CREDIBILIDAD

DEMOCRACIA dixo...

"A un panal de rica miel
dos mil moscas acudieron
y todas por golosas murieron
presas de patas en él".

La rica miel: la política en España.
Las dos mil moscas: los políticos.
muerieron presas...a veces, cuando conviene al gobierno.
Falla la justicia. Fallan los políticos y fallan los ciudadanos que votan como si los partidos fueran equipos de fútbol. Hagan lo que hagan, roben, maten, mientan les mantienen un voto fijo tercermundista.
Hay diferencias, sin embargo, entre izquierda y derecha. Para los primeros votantes todo es perdonable y excusable porque "son los nuestros" entregados al más puro sectarismo. En cambio el votante de derechas, más culto y amigo de la ley y el orden, no pasa la mano con sus políticos y les pasa factura en caso de estafa o engaño.
Por eso en esta democracia de tercera que tenemos en España, gobiernan más las izquierdas. Es más cómodo y más fácil (qué lata ocuparse de analizar las ofertas y los actos de unos y de otros...que me voy a la playa, es domingo y me voy al fútbol, yo voto al más simpático....), además venden cualquier mercancía averiada, como es buen ejemplo el gobierno del PP en Galicia. Ásí nos va al pueblo.

UN GALEGO dixo...

España ten un goberno que está no século XXI, pero unha oposición (PP) que está no século XVIII. A transición neste país, empezou en 1.977 coas primeiras eleccións democráticas, pero aínda non terminou, culminarase cando haxa unha dereita europea adaptada aos tempos que vivimos: mentres teñamos esta ultradereita cavernícola e anacrónica, esta rémora, este lastre tan pesado que ata nos pode afundir, non conseguiriamos ser un país completamente europeo.