venres, 5 de marzo de 2010

LA VOZ DE GALICIA, RECIBE MÁIS DIÑEIRO DA XUNTA


O sindicato CSIF, maioritario na Administración, denuncia no seu último boletín sindical o diñeiro que o diario coruñés La Voz de Galicia recibiu da Xunta nos últimos meses.

"O que realmente compra é o silencio; que non aparezan notas críticas ou que cuestionen a actuación de goberno".

En tan só os últimos nove meses, das arcas do Goberno galego saíron 3,4 millóns de euros que foron a parar aos petos dunha única empresa privada, La Voz de Galicia. É dicir, a un ritmo de 22.500 euros diarios. Dese diñeiro, 1,4 millóns destináronse a "difundir" noticias sobre determinadas consellerías, non a través de accións especiais ou de páxinas publicitarias, non, senón a través de informacións ordinarias e diarias, as que publica habitualmente un xornal que non perde oportunidade para autodenominarse independente.
"Son estas prácticas novas? Desde logo que non, desde que a Xunta existe todos os gobernos, populares, socialistas e nacionalistas, recorreron a este tipo de prácticas", engade a central, pero recorda que a situación é "grave polo que pasou estes nove meses".

1 comentario:

UN GALEGO dixo...

E alguén dubidaba do que somos os galegos. Así somos, e sen ilustración así seguiremos. Medorentos do cacique, incapaces de dicir as cousas abertamente, agachando e agachando, mentres a Igrexa vainos co mazo dando... así votamos aos Feijóo e compañía e senón os novos caciques galegofalantes a darnos e darnos...
Que bonito é o Xacobeo, cos seus peregrinos coas súas cunchas, a súa catedral, a súa apostol, o seu botafumeiro, e tal. E que escusa tan boa para dilapidar diñeiro público en beneficio duns cantos morros. Por algo ten tanto interese Feijoo en que o Goberno Central fináncieo con pasta das loterías. Un saco sen fondo; iso é o que é o Xacobeo para que chupe La Voz de Galicia entre outros