domingo, 7 de marzo de 2010

PARAÍSO RURAL

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia-PSOE, Pachi Vázquez, vive nunha aldea de sete veciños. Eu tamén. Seica el nas terras do Carballiño. Eu na Maía, a once quilómetros de Santiago. Podemos asegurar que non nos aburrimos. Non tanto polas delicias do rural: o rechouchío dos paxaros, a música da auga na represa do muíño, etcétera, senón porque vivimos rodeados de emocións. Que sería da vida sen emocións?
O secretario dos socialistas galegos pide un gran pacto para a organización do territorio (¡levamos trinta anos de autonomía!). Eu pido algo máis. Levo doce anos vivindo na aldea (a dez quilómetros da capital de Galicia, repito). A festa xa empezou ao pouco de chegar, cando celebramos a fin de ano en familia (dezaoito persoas) e foise a luz ás dez da noite. Non volveu ata as oito da mañá. Como a infraestrutura das instalacións é eléctrica, houbo que improvisar na lareira, afumados coma chourizos, pero felices, coma no século XII. Tiñamos invitados de Madrid e quedaron impresionados. Nunca participaran nunha despedida de ano tan enxebre.
Desta vez tocaron as inundacións. Malia os anuncios de obras que se levan facendo dende hai décadas, a rede de sumidoiros e pluviais é tan cativa que, a pouco que sobe o nivel dos ríos ou a pouco que cerra o inverno (neste país chove), dispáranse todas as alarmas. Menos mal que temos os veciños, expertos e solidarios nesta clase de situacións. Hai poucas semanas, entrou o Amazonas pola porta de diante de casa, porque rebentaron os tubos da rede de sumidoiros, e tivemos que deixalo marchar pola porta de atrás, que dá ao eido, achicando auga ata as seis da mañá. Protección Civil disque estaba desbordada.
Cada vez que sopra o vento, caen as instalacións de Unión Fenosa (agora Gas Natural) , e quedamos ás escuras. Dúas ou tres horas. Non fai falla que veña o furacán, abonda coa sudestada. Telefónica instalou o ADSL rural (nin pensar en fibra óptica, por suposto) porque na contorna vive unha importante poboación de usuarios, coma en todas as áreas circundantes das urbes galaicas, e aínda que a factura é bastante máis alta ca en Manhattan, a Rede funciona cando quere, ou cando pode, e con ela a televisión dixital e o teléfono. O sistema cae a cada pouco e quedamos incomunicados. Quedan os móbiles. Antes a telefonía era un servizo público. Dende as privatizacións, a resposta das compañías é: «Non son vostedes rendibles».
Son as nosas festas cotiás. As depuradoras, mil veces anunciadas, non funcionan. Non están operativas. Os servizos son precarios. Os recursos dos concellos, que apandan coa meirande parte do gasto, non dan conta do recado. Hai tres anos caeu un raio nunha casa veciña e baleirouna practicamente por dentro. Houbo que preitear cos bombeiros de Santiago. Pero non nos aburrimos, repito, nin necesitamos que veña o Xynthia para falar do caso. Chega a primavera e cantan os paxaros. As nosas avoas dicíano doutro xeito: «Comer non comeremos, pero rir, fartámonos a rir».
Victor Freixanes-La Voz

1 comentario:

VOLTAIRE-VIGO dixo...

LA CORRUPCIÓN QUE NOS INVADE.
4 DE NOVIEMBRE DE 2008 175
LA ESPINOSA Y EL AGUA
ATLANTICO DIARIO 4/11/08 (ELENA ESPINOSA Y EL APROVECHAMIENTO DEL AGUA)

Se nota que se acerca etapa electoral y ya empiezan a aparecer los MARCIANOS y las marcianas vendiéndonos HUMO transformado en promesas que en la mayoría de los casos jamás se cumplirá.
Aparecen en la Universidad la ministra de Medio Ambiente Elena Espinosa hablándonos de los recursos naturales, en este caso el ahorro del AGUA. Para empezar cabria preguntarse si esta señora, (Puesta en el cargo de ministra con el único merito de pertenecer a la “cuota” de BLANQUITO como si de carne se tratara y que también nada por Galicia haciendo OPOSICIONES para en el futuro ocupar el sillón de Touriño)

Me pregunto si entenderá algo de lo que esta hablando, y como entre la tropa esta muy asumido aquello de “O FALAR NON TEN Cancelas” seguro que al igual de los “supervivientes” de la casa real, a esta también le escriben los discursos y al día siguiente, ni se acuerda, ni tiene puñetera idea de lo que dijo, porque al igual que los otros no sabe, no entiende.

No olvidemos que por el mismo medio, “DEDOCRATICO” ya ocupo la cartera de PESCA Y AGRICULTURA con unos resultados nefastos sobre el sector, por eso no siguió en dicho cargo y ahora como si de una tontería se tratara, el ILUMINADO ZAPATERO le hizo un hueco al frente de Medio Ambiente como la podrían poner en vivienda, al igual que puso en su día a la Trujillo y en tres años y medio no se entero del recado y luego el mismo “DEDO” coloco a Carmen Chacon que prometió hacer en seis meses lo que no hizo la anterior en tan largo espacio de tiempo, la prueba de que TODO ES HUMO es que en el nuevo Gobierno la Chacon no siguió en vivienda y la pusieron en algo que todavía tenia menos idea, EN DEFENSA… Mamasiña que miedo.

COSAS DE LA CUOTA, pero no de la láctea, que bien jodida ya dejo la Espinosa.

Yo le aconsejaría a la señora ESPINOSA, que empezara por prohibirle a su compañero de partido y alcalde de Villagarcia, GAGO-PATA-NEGRA (que lo fue durante muchísimos años) que dejen de DESPILFARRAR MILLONES DE LITROS DE AGUA en una jaldrochada, irrespetuosa e irresponsable con el MEDIO AMBIENTE como es la mal llamada “FIESTA DEL AGUA” que nada tiene que ver con la hecha por Juan Alberto Bellot alcalde de Zaragoza.
Elena… Vaite dar un baño e deixa o posto para quen entende do que falas e non vendas mais fume.

Listas abiertas XA, mientras tanto, VOTA EN BLANCO


VOLTAIRE-VIGO
http://lacorrupcionquenosinvade.blogspot.com