luns, 15 de marzo de 2010

QUEN NOMEA AO EQUIPO DIRECTIVO?, QUEN LLE PAGA?

Empresa: ESPAÑA
Consello de Administración: ?
Equipos Directivos: PP, PSOE, BNG
Traballadores: Ti

Eles nunca se paran a pensar por que as árbores naceron precisamente alí; para eles, a natureza empeza no supermercado ou a axencia de viaxes e termina no restaurante ou nun daikiri servido na piscina; a biodiversidade e os seus defensores son uns molestos mosquitos que se combaten con gases insecticidas e morteiro; consideran o rural un lugar insalubre e atrasado. Fai 13 anos construíron unha moderna depuradora, e fai 10 decidiron pór en marcha un ambicioso plan estratéxico. Para o Consello de Administración era unha oportunidade de negocio; a lei facía xa tempo que se incumpría, e só había un pequeno inconveniente: os indíxenas. Pero, para iso, estaban os partidos.
Os partidos (BNG, PP e PSOE) que aprobaron o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo -un plan estratéxico para eles- cobraron por negar o que todos sabían; cobraron por impedir que os cidadáns participasen; cobraron por silencialos. Cobraron por violar a legalidade; por atentar contra a natureza; por traizoar o interese xeral.
A depuradora do Lagares, na que baleiraron as súas conciencias, e na que gastarían máis de 5 mil millóns de pesetas, converteu Coruxo, o Lagares, Samil e a Ría de Vigo nuns lugares contaminados, insalubres e perigosos. O PXOM de Vigo só serviu para que Consultora Galega levase máis de 500 millóns de pesetas; porque, para a Xerencia de Urbanismo, ata na Finca do Conde o corpo do delito queda ao descuberto. Agora, coa crise encima non hai dúbida de que as présas por aprobar o Plan eran ansias por sobreexplotar a pesca antes de que eles mesmos esgotasen os caladoiros. Pura insostenibilidade, señor xuíz; pura usura.
Os partidos tamén cobraron por mal administrar España (sede en Madrid e delegación en Galicia e subdelegación en Vigo, para o PSOE e PP) e Galicia (sede en Santiago e delegación en Vigo, para o BNG) e levalas ao colapso e a ruína. En Galicia e Vigo, un partido estatal (PSOE) e outro rexional (BNG) chegaron a pór a dous directores á fronte da autonomía e outros dous á fronte do concello -un de cada partido-, cada un co seu equipo, o seu plan e o seu orzamento.
Moitos colaboraron. Agora todos eles pretenden seguir cobrando por obrigar aos traballadores a pagar as consecuencias de antepor (eles) os intereses individuais ao (bo) goberno da empresa. Mentres tanto, o Consello de Administración está reunido.

Quen provocou a crise achegará as solucións... ou non...

A nova depuradora de Vigo ten menos metros...

Ningún comentario: