xoves, 27 de maio de 2010

A SUBIDA AOS RICOS "NO SEU MOMENTO"

Algunhas preguntas inquietantes, especialmente para a coherencia do discurso político do azorado Goberno. Por que o tesoirazo (tijeretazo) social empezará en xuño e a subida de impostos para os máis ricos será, segundo Zapatero, "no seu momento"¿ Por que os demais países europeos que se apertaron o cinto, como Portugal, Italia, Francia ou ata Grecia, mesturaron as de cal coas de area para que a crise non só a paguen os máis desfavorecidos, mentres que Zapatero, de momento, só concretou os recortes? Por que o Goberno pasouse unha semana lanzando mensaxes contraditorias sobre os impostos para ricos en lugar de anuncialo todo xunto no Parlamento?
Onte preguntei a varios dirixentes socialistas. Pedinlles sinceridade, a cambio de anonimato. Algunhas das súas respostas: "Porque vai de mensaxe de contundencia e non podemos ter ningún titubeo. Porque os partidos que apoian unha cousa non apoian a outra e hai que sacar os decretos no Parlamento", contan desde a executiva socialista. "Pola credibilidade do noso plan ante as institucións financeiras. Non irá neste decreto pero, en breve, falaremos dun novo imposto para os ricos, responden desde a dirección do PSOE". Porque a subida de impostos en rendas altas é probable que vaia vinculada ao orzamento, din desde o grupo parlamentario socialista. "Porque a declaración de renda xa se fixo e non se pode cambiar, e a de patrimonio non se pode facer ata 2011", razoa un ministro. "Porque as medidas de esquerdas necesita reservalas para intentar aprobar os orzamentos con toda a esquerda parlamentaria", opina un barón autonómico socialista, que tamén ten outra resposta: "Ou porque non nos contaron quen coño manda en Europa".

1 comentario:

DOREMA dixo...

Por supuesto que deben pagar mas los ricos, y no de forma temporal, pero además es necesaria una vigilancia extrema del fraude, o acaso no es archiconocido que las grandes fortunas tienen diseminado su patrimonio en terceros, o en sociedades, y no es también conocido que algunas empresas enmascaran su cuenta de resultados, para declarar menos beneficios que es sobre los que se pagan los impuestos. Es necesario urgentemente la persecución de los sinverguenzas que son los responsables de esta situación, mientras ellos viven muy bien y se rien del tema.
Tambien, controlar al no adivino Gobernador del Banco de España, que no se enteró que los bancos estaban en quiebre técnica y que la cisis nos comería por entero, otro vividor, lo único que le interesa es que los trabajadores paguen el pato por el trabajo que el no acometió o no quiso trabajar por estar todo el año de vacaciones, en fin, otro parasito con un gran sueldo 194.418 euros...
ZAPATERO NO SE ENTERA DE NADA