xoves, 17 de xuño de 2010

A CONVERSIÓN

Como en Estados Unidos, seguindo a teoría de Gore Vidal, en España temos dous partidos maioritarios: o conservador e o reaccionario. Xa levamos moitos anos co partido conservador no Goberno e vai sendo hora de probar unha dose de goberno reaccionario. Ademais, sería unha novidade. Na historia de España, con moi raras excepcións, non vivimos un período reaccionario. Así que me dispoño a loitar por unha auténtica revolución cos camaradas do novo Partido dos Traballadores de España (ex Partido Popular), ao mando do líder estajanovista Mariano Rajoy e da nosa pasionaria Dolores (de Cospedal). Mediteino moito, para non estofarme outra vez no lume das traidoras conviccións, pero vexo por todas as partes que o novo PTE (ex PP) predica co exemplo e que os feitos acompañan ao discurso. Desde o primeiro momento, eles foron conscientes de que se aveciñaba unha crise sen precedentes, como consta nas hemerotecas do Palmar de Troia e da FAES, polo que fixeron todo o posible para desinflar a burbulla inmobiliaria, atallar a especulación e denunciar o aventurerismo criminal no sistema financeiro. Así mesmo, alí onde gobernaban non se lle deu nin un minuto de tregua a corruptos e bandidos, que tiveron que largarse co posto. Apresuráronse tamén a impor a austeridade, o que hoxe nos permite falar de insólitos paraísos do déficit. Outro factor no meu conversión foi a firmeza hidráulica-leninista, sen pamplinas patrióticas, ante este Goberno deshidratado: "Ao inimigo, nin auga". Pero o definitivo no meu cambio foi o seu internacionalismo radical, que non discriminou a ninguén á hora de emparellarnos no desastre. Non se se helénicos e húngaros agradecerían o suficiente esta compañía no afundimento, pero somos así de cojonudos: se hai que afundirse, afundímonos, con razón ou sen ela. E como dixo Mao, que Deus reparta sorte, ma non troppo.
Manuel Rivas

1 comentario:

Anónimo dixo...

Mucha gente de izquierda se pregunta: ¿cómo va a solucionar el PP los problemas del paro y la economía?. Afirman que, por lo demostrado hasta ahora, no tiene muchas ideas al respecto, porque lo suyo ha sido criticar, criticar, criticar y no aportar ni ayudar en aras del interés general de todos los españoles". Esta forma de pemsar es ejemplo claro de FANATISMO. Muchos tienen amnesia de cuando el PP sacó al país de la recesión en que la metió el PSOE de Felipe González (24% de paro y la caja vacía; hubo que pedir créditos a los bancos para pagar las pensiones). El PP quiere ayudar al gobierno, pero el gobierno no le deja porque echa abajo casi todas sus propuestas. El gobierno repite y repite que el PP no "arrima el hombro" para INTOXICAR A LA OPINIÓN PÚBLICA, sobre todo diciendo que el PP se alegra de la desgracia de España (Pepe Blanco tiene la consigna de repetirlo constantemente). El PP se alegra de la desgracia del PSOE, no de España, porque será la única manera de que España no se hunda en la miseria aún más. El gobierno no necesita la ayuda del PP "arrimando el hombro" para aprobar en el Parlamento sus "ideas peregrinas". ¿Qué más daño tiene que Zapatético todavía para que dejeis de creer en él como el "mesías de España, el "gran timonel" que miente más que habla y se desdice cada 2x3 de todo lo que promete