domingo, 11 de xullo de 2010

O PODER XUDICIAL GÁSTASE 64.236 EUROS EN UN ACTO

37 personalidades foron invitadas, con dietas, á entrega de despachos á 60ª promoción de xuíces

O Consello Xeral do Poder Xudicial gastouse o pasado 1 de xuño 64.236,31 euros no acto de entrega de despachos da 60ª promoción de xuíces, que tiña prevista unha duración dunha hora (dúas e media se se inclúe o aperitivo posterior).
O luxoso orzamento foi aprobado polo pleno do Consello a proposta do vicepresidente Fernando de Rosa. A partida incluía a invitación a 37 personalidades (12 membros da Sala de Goberno do Supremo, 16 presidentes dos tribunais superiores de xustiza das comunidades autónomas, o da Audiencia Nacional, dúas ex directores da Escola Xudicial, o director do centro de documentación xudicial (Cendoj), o director do servizo de formación continua da Escola, o xefe de sección de selección e os representantes dos maxistrados no Consello Reitor) aos que sufragaron os gastos de viaxe a Barcelona, aloxamento en hotel de superluxo e ata as dietas, ademais de haberlles concedido as correspondentes comisións de servizos. Todo iso, sen contar os gastos de aloxamento do presidente e os vogais do Consello que se pagaron e contabilizaron contra os seus propios gastos de representación e desprazamento, á marxe deste orzamento.
O desglose das partidas aprobadas polo citado organismo é o seguinte: aluguer do Auditori de Barcelona (Sala Sinfónica e Sala Foyer): 11.000 euros, aos que hai que engadir outros 9.100 para a montaxe da mesa presidencial, megafonía e iluminación, servizo de limpeza, acomodación, transporte e seguro.
As viaxes dos invitados ascenderon, a razón de 400 euros, a un total de 14.800 e o aloxamento, a 2.900 euros. As dietas dos invitados sumaron 1.736,31 euros e outros gastos, como invitacións, o xantar do equipo de traballo, ornato e o aparcadoiro do persoal organizador do acto, orzáronse noutros 6.000.
Ademais, a Comisión Permanente do Consello, en funcións de pleno, aprobou unha partida adicional de 1.200 euros para unha denominada "cea de traballo" a noite anterior ao acto.
Os gastos excesivos do Poder Xudicial non son novos. Fai menos dun ano, 16 dos 21 integrantes do Consello -que gañan 6.300 euros netos ao mes máis gastos de desprazamento e de representación- intentaron que se subise o soldo entre 600 e 1.000 euros máis ao mes aos 14 vogais que viven fóra de Madrid. Argumentaban que a vida está moi cara na capital. Con todo, o cargo, que é un dos máis cotizados da Administración, é voluntario e a sede do organismo está en Madrid, polo que en principio, igual que ocorre co Tribunal Supremo, a residencia dos seus membros debe fixarse na capital de España.
O proxecto do complemento salarial por razón de vivir fóra de Madrid para os 14 membros do Consello nos que concorre esta circunstancia foi descartado tras a súa publicación na prensa.
En decembro de 2009, o pleno do Consello aprobou a realización dunha campaña publicitaria por importe de 300.000 euros para os xuíces ante a cidadanía.
Fai dous meses, o Consello tivo que rectificar de novo, cando se soubo que a delegación que ía desprazarse a Montevideo para asistir á XV Cume Xudicial Iberoamericana estaba integrada por 14 persoas e que custaba 80.000 euros. A publicación destes datos obrigou ao Consello a reconsiderar o número de representantes do organismo que acudiría a Uruguai. Finalmente, a delegación quedou reducida a cinco persoas.
Algúns membros do Consello do Poder Xudicial chegaron a recoñecer a semana pasada que os gastos estaban disparados e que o acto poderíase facer na sede do propio organismo ou ata no Tribunal Supremo.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

¿JUSTICIA?.¿QUÉ JUSTICIA?

Así funciona el país.Es increíble que con la crisis que hay,estos vividores que encima cobran un sueldazo,se permitan estos lujos.Sólo puede ocurrir en España con esta in-Justicia.Por cosas como éstas y por sentencias siempre favorables a los políticos y poderosos, la ciudadanía confía cada vez menos en esta Pandilla de Basura,que al fin y al cabo son los que dictan sentencia y condenan,sobre todo a los pobres y a los que no tienen quién les defienda....

UN CIUDADANO dixo...

Esto me produce náuseas.

Según tenemos la justicia de este país con falta de personal y medios, estos tipejos (porque no se les puede llamar de otro modo por muy jueces que sean) haciendo cosas como ésta. Aún campea el pensamiento filofranquista (muchos de ellos juraron fidelidad a Franco...)en esta institución y no lo digo por lo de Garzón, que también. A lo mejor me procesan por este comentario (estoy seguro de que si lo lee algún juez cavernario lo deseará) pero yo me defendería apelando a mi libertad de opinión y expresión. El CGPJ huele a podrido de lejos y está compuesto por tipejos/as carentes de la más mínima ética social. Encima lo hacen cuando está cayendo la que nos está cayendo en estos momentos. Se impone una reforma a fondo de la judicatura para desatar lo que el dictador dejó "atado y bien atado".
Yo solo se que estoy harto, y muy harto que me esquilmen los poderes judiciales, politicos, sindicalistas, vivo en un pais de chorizos, ergo, debo ser chorizo tambien, este pais huele a podredumbre por todos los costado y ojo, poprqué acabará reventando por algún lado, somos unos bananeros sin control en las cuentas publicas, pero además somos tan borregos que nos olvidamos muy pronto de lo que nos están haciendo, sigamos así y acabaremos en el abismo, al tiempo, pero al menos nos queda el fulbol ¿verdad?, pues ala, a seguir así.