venres, 23 de xullo de 2010

XESTIÓN SOSTIBLE DE RECURSOS

Os sectores enerxético e agrícola precisan reformas drásticas para que o noso planeta chegue a ser verdadeiramente sostible, advirte o Pnuma (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente) nun informe sobre un estudo elaborado recentemente polo Panel Internacional para a Xestión Sostible dos Recursos. O informe conclúe que actualmente hai dous sectores que teñen un impacto desproporcionadamente elevado na poboación e nos sistemas nos que se sustenta a vida no noso planeta. Trátase da enerxía en forma de combustibles fósiles e a agricultura e, en particular, a gandería con fins de explotación cárnica e leiteira
O exemplo da auga é evidente, o 70% da auga no mundo utilízase na agricultura, onde constitúe un elemento básico para a produción de alimentos. Cando tomamos unha cunca de café estamos bebendo 140 litros de auga. Aínda que non todas as formas de producir, transformar, envasar e comercializar alimentos teñen o mesmo efecto sobre a auga. Un dos sectores que máis a contamina é, precisamente, a alimentación industrial: os praguicidas e fertilizante sintéticos fíltranse ás masas acuáticas e provocan eutrofización, salinización e contaminación; ou as deyecciones dunha gandería intensiva sobredimensionada, que flúen e contaminan tamén grandes cantidades de auga. En termos de sustentabilidade e consumo de auga xa sabemos que o actual sistema de produción e distribución é inviable.
Fronte a este modelo estase desenvolvendo unha alternativa baseada na evidencia de que ao longo do tempo as agriculturas campesiñas de pequena escala xestionaron a auga integrándoa no seu modo de produción, na súa cultura, con adecuación de cultivos respecto das posibilidades hídricas dos territorios, con prácticas agrarias que respectaban a súa salubridade e uso, producindo alimentos e conservando o prezado recurso acorde ao seu ciclo intrínseco de renovación para as xeracións futuras.
O noso país, pola súa escaseza de auga, é un dos principais candidatos a afrontar este cambio. Estará na axenda do Goberno?

Ningún comentario: