luns, 9 de agosto de 2010

UNHA DECISIÓN INCÓMODA

O Sr. Méndez Romeu, nas súas declaracións a La Voz de Galicia, critica indirectamente ao Sr. Caballero e esquécese das vítimas dos pactos co BNG. O PSOE aprobou o PXOM de Vigo sabendo que era ilegal. En 2007, o ciclo económico estaba cambiando, a burbulla picouse e a crise comezara; o Plan era inviable, puramente especulativo e de alto impacto ambiental: aínda así, aprobárono. Cando sexa declarado ilegal o PXOM de Vigo no Tribunal de Xustiza de Galicia verase claro ata onde chegou o PSOE na súa traizón ao socialismo e aos cidadáns que lle deron o seu voto en Vigo. O que para moitas persoas afectados por derribas e recualificacións significou anos de angustia, de loita e de gastos, para o PSOE non é máis que unha decisión incomoda.

O tratar de ter acordos continuos co Bloque lévanos a adoptar decisións incómodas, ás veces difíciles de explicar ao noso propio electorado.

Ningún comentario: