sábado, 18 de setembro de 2010

GALICIA E O FIN DOS TEMPOS

Galicia é o país dos mil ríos que, na súa maioría, desembocan no mar. Non se entende Galicia sen a auga. Segundo un recente informe da Xunta de Galicia, un terzo dos ríos e rías da comunidade atópase en mal estado ecolóxico. Das 140 masas de auga en mal estado, 109 son de carácter fluvial. O inventario dos puntos contaminantes nas augas galegas, afectadas por verteduras constantes é contundente 3.784 puntos: 2.392 en augas superficiais e 1.392 en augas subterráneas.
En Vigo, aínda que aparentemente a construción da nova depuradora do Lagares está "en marcha", case 2.000 casas seguen sen estar conectadas á rede de saneamento. Algunhas están a menos de cen metros e a lei obriga aos seus propietarios a conectarse, pagando os custos pero recorren ao "tradicional pozo negro do país". Ademais hai moita industrias que verten directamente ao Río Lagares. Sorprendentemente, ata o ano 2008 o Porto de Vigo non se conectou á rede de saneamento
Hai pouco Augas de Galicia ratificou a sanción de 6.000 euros ao Concello de Vigo imposta tras detectar o 15 de xaneiro do 2009, unha vertedura de augas residuais non autorizado e sen tratamento procedente da depuradora. O Concello alegou que a responsable da vertedura era a adxudicataria, que se produciu nun aliviadoiro un día de «gran pluviosidade». Recoñece que a depuradora ten problemas de deseño...

Antonio Figueras - Investigador. Instituto Investigacións Mariñas. CSIC. Vigo...

Ningún comentario: