luns, 20 de setembro de 2010

IMPUTAN POR PREVARICACIÓN, SUBORNO E FALSIDADE DOCUMENTAL A TRES POLÍTICOS DO BNG

Ve indicios delituosos na concesión dun servizo de paneis publicitarios-Afecta ao tenente de alcalde de Ourense, o seu antecesor e un director xeral-O PP pide o seu 'cesamento inmediato' e a ruptura do pacto de goberno PSOE-BNG-O BNG tomará unha decisión cando analice a decisión xudicial

A corrupción sobrevoa o Concello de Ourense. Un Xulgado da cidade deu un pau ao á nacionalista do goberno bipartito. Imputa por prevaricación, suborno, falsidade en documento público e, subsidiariamente, tráfico de influencias a dous membros do goberno local e ao ex tenente de alcalde, todos do BNG.
Trátase do actual tenente de alcalde, Andrés García Mata, o seu antecesor no cargo, Alexandre Sánchez Vidal, e o director xeral de Turismo e Termalismo, David Cortón, quen fai tan só uns días presentou a súa renuncia ao cargo alegando motivos persoais e que este xoves foi aceptada en xunta de goberno local.
Os feitos remóntanse a finais de 2007 cando os tres políticos nacionalistas e o funcionario do Concello Elías Domínguez (tamén imputado), inician os trámites para a concesión dun servizo de paneis informativos na vía pública. Foi o PP o que en 2008 trasladou o asunto á Fiscalía por entender que esta errada concesión xestionouse de forma irregular.
Agora o Xulgado de Instrución número 1 de Ourense deu a razón aos 'populares'. Ve indicios de que os imputados puxeron en marcha un proceso administrativo que culminou cun convenio/contrato entre o Concello e a empresa Afiador Producións para a instalación dos paneis sen "respectar o procedemento legalmente previsto". De feito, incide en que levaron a cabo trámites cando a empresa nin sequera existía.

Unha concesión por 80 anos...

Dimite o tenente de alcalde de Ourense tras ser imputado...

3 comentarios:

Anónimo dixo...

LOS SALVAPATRIAS

¡Anda! Y yo que creía que los chorizos y caciques sólo estaban en el PP y que los nacionalistas estaban en política de forma altruista por amor a su tierra y para liberarla del estado opresor español... Menuda decepción me acabo de llevar con estos chicos y chicas; y eso que con esos harapos que suelen gastar, parecían hasta honrados

VOLTAIRE-VIGO dixo...

LAS CHARANGAS DE SANTI

Cabe preguntarse cuanto PAGAMOS los vigueses (Con la que esta cayendo) Por el evento organizado por la EMPRESA AMIGA DEL BNG “Anónimo Publicidad” la misma que utilizo esa misma bebida para la campaña electoral de SANTI , premiada después con millonarios contratos A DEDO por cuenta de la “TENENZA DE ALCALDIA”

Destacar que en dicha campaña electoral, aparecía la foto de SANTI en la “bebida del toro” con el lema: “Santi a revolución”

Como quiera que lo pagamos entre todos, dígannos a como salimos por barba para la “EMPRESA AMIGA”

¿Estaremos pagando la próxima campaña electoral del candidato del BNG?

Mientras tanto Vigo sigue careciendo de cientos de plazas de guarderías…

Díganos CUANTO COSTO

Primero pan, luego circo…

Quitaros la venda y no dejaros engañar.

Listas abiertas ya. Mientras tanto, VOTA EN BLANCO

VOLTAIRE-VIGO http://lacorrupcionquenosinvade.blogspot.com

VOLTAIRE-VIGO dixo...

SANTI VA REFORMAR EL MERCADO DEL PROGRESO

¡¡750 millones de pesetas!! Seica van poñer os postos de venda de ouro?

¿Non quedara nada polo camiño?

Señor fiscal, échele usted una miradita a las cuentas, no valla a pasar como en Orense…

VOLTAIRE-VIGO http://lacorrupcionquenosinvade.blogspot.com