xoves, 16 de setembro de 2010

POR UN ESTATUTO DOS EMPRESARIOS

A empresa ten un valor social e xa que logo público ( véxase se non as axudas dadas polo Estado). Xa que logo, se, na práctica, o empresario ten dereito a recibir do Estado axudas e facilidades; en xusta contrapartida, debería ter a obrigación de xestionar de maneira que os beneficios empresariais tamén recaian nos traballadores, e que o seu interese persoal ou ata a súa desidia ou neglixencia, non poña en risco a existencia da propia empresa. En non poucas ocasións, a desaparición dunha empresa ten máis que ver co seu capital emprendedor e directivo que coas facilidades para despedir ou para contratar traballadores.
Esta -de momento- invisible reforma empresarial podería considerar as cotizacións sociais a cargo da empresa en función do valor engadido e non só como un imposto sobre os salarios; nesa liña debese bonificar o emprego digno que xere unha empresa e a estabilidade de este. Unha reforma para primar a sustentabilidade social e a solidez da empresa.

Ningún comentario: