sábado, 27 de novembro de 2010

DESAPRUEBO O QUE FIXESTES

SEGUÍMOLO DICINDO: APROBAR PLANS DE URBANISMO ILEGAIS E INSOSTIBLES TEN CONSECUENCIAS ECONÓMICAS. OS XUÍCES E MAXISTRADOS TAMÉN TEÑEN RESPONSABILIDADE NESTE ASUNTO A HORA DE XULGAR. NINGUÉN FAI UNHA LEI PARA PASAR A VIVIR NA MISERIA.

A tormenta non amaina

Os mercados reaccionan con escepticismo ao rescate irlandés e persiste o risco de contaxio

Logo dunha semana de incerteza política e dunha pésima xestión da súa crise bancaria, o Goberno irlandés decidiu solicitar o rescate financeiro europeo e do FMI. O equipo de Brian Cowen desprendeuse dos seus receos soberanistas a cambio dunha liña de crédito duns 80.000 millóns de euros, destinada principalmente a recapitalizar os bancos, practicamente na ruína pola picada da burbulla inmobiliaria. Ademais, Irlanda comprometeuse a axustar aínda máis o gasto público (o recorte será de 6.000 millóns en 2011 e de 15.000 millóns nos próximos catro anos), nunha decisión adiantada para salvar a cara da súa soberanía fronte a Europa, e a subir os impostos. É lóxico que Alemaña e Francia queiran impor unha subida do imposto de sociedades; o tipo do 12,5%, practicamente a metade que no resto da UEM, é un caso claro de dumping. Sería contraditorio que os contribuíntes que pagan máis axudasen a saír da crise a unha Irlanda que segue mantendo un imposto moito máis baixo.
Admitido o suposto de que esta é a única solución para Irlanda, e que manter a resistencia política ao rescate europeo endurecería aínda máis as asfixiantes condicións de financiamento do país, hai que preguntarse se a petición de rescate chega a tempo; se será suficiente para acougar de modo duradeiro aos mercados; e se o anuncio de rescate cancela os riscos de contaxio doutros países...

Ningún comentario: